A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo recibiu no Centro de Interpretación Terras do Miño aos participantes dun encontro organizado co obxectivo de tecer sinerxías e estratexias para revitalizar e impulsar o turismo rural
Lugo, 27 de febreiro de 2025. A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, recibiu este xoves no Centro de Interpretación Terras do Miño aos participantes dun encontro organizado pola Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR). Na cita, que ten o obxectivo de tecer sinerxías e estratexias para revitalizar e impulsar este tipo de turismo, García Porto compartiu o modelo de turismo sostible da institución provincial e algunhas das accións que leva a cabo a Deputación e que reforzan ese modelo.
“Desde a Deputación somos moi conscientes de que este tipo de turismo de calidade e sostible é unha ferramenta de desenvolvemento clave do noso rural, un rural que sofre unha perda de servizos diarios polo peche de escolas ou a falta de médicos”, valorou a Deputada. E nese sentido sinalou que a provincia de Lugo é un destino “único” cun potencial que precisa “do compromiso e do traballo” da sociedade e das administracións.
Sobre o traballo da Deputación, asegurou Pilar García Porto que todas as iniciativas que pon en marcha a institución provincial van encamiñadas a impulsar ese modelo. Enumerou accións como o programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia, co que a Deputación xa conseguiu un retorno para o sector de máis de 600.000€; a distinción Starlight para a zona dos Ancares Lucenses que afianza a provincia como un destino ideal para os amantes da natureza; as rutas fluviais que o ano pasado superaron os 61.000 viaxeiros; ou os premios á excelencia turística.
A xornada organizada por FEGATUR contará ademais cun tempo para intercambiar experiencias, para facer propostas de actividades para este ano e cunha visita ao Mazo de Santa Comba, un conxunto etnográfico que pertence tamén á Reserva da Biosfera Terras do Miño que xestiona a Deputación.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



