Unha obra de acción sobre o máis absoluto dos misterios: o do máis alá da morte
Santiago, 11 de marzo. A Librería Bahía de Foz acollerá este xoves, 13 de marzo, a partir das 20:30 horas, a presentación da novela A muller do muro, escrita polo xornalista Manuel F. Rodríguez e que vén de publicar a editorial Bolanda. Ademais do autor, intervirá no acto Xoán Ramón Fernández Pacios, historiador e cronista oficial de Foz. A primeira presentación desta obra celebrouse en Santiago o 5 de febreiro, cun cheo total de público, que mesmo necesitou ocupar as escaleiras de acceso a sala de presentacións do edificio da libraría Couceiro. A segunda tivo lugar en Sarria días atrás, tamén cunha gran presenza de público no salón de actos da Casa da Cultura local. Están previstas outras presentacións nas vindeiras semanas.
A trama de A muller do muro combina a cultura galega do alén coas máis recentes teorías e investigacións científicas e paracientíficas sobre determinados fenómenos inexplicables. Como o seu autor avanza, trátase dunha obra de acción á caza do máis absoluto dos misterios: o do morte e o máis alá da vida. A novela, de 312 páxinas, ten como protagonista principal a un xornalista, Xenebrando Río, que unha determinada mañá vive un feito inesperado por completo. Un feito que nin comprende nin desexa en absoluto. Pero, como avanza a contraportada do libro, Río iniciará un frenético camiño sen retorno.
A muller do muro sae á rúa cun innovador deseño de Sebas Pazos que inclúe, entre outras solucións de esmerada calidade, unha tipografía especificamente galega creada por Marcos Dopico.
Esta é a segunda novela de Manuel F. Rodríguez. A primeira, A viaxe á fin do mundo, editada tamén por Bolanda en 2017 parte do roubo en 1906 na catedral de Santiago da cruz grega de Afonso III o Magno, que os peregrinos de media Europa adoraran durante séculos. Tras a repercusión obtida pola edición en galego, esta novela publicouna en 2023, en castelán e para toda España, a editorial madrileña Evohé, tamén con éxito, sobre todo entre a xente do mundo do Camiño.
Manuel F. Rodríguez ten en Bolanda outras obras. Entre elas, a guía histórica da Compostela xacobea, Santiago de Compostela para los peregrinos, da que se prepara unha nova edición na súa versión en español, e sobre todo La Gran Enciclopedia del Camino de Santiago. Diccionario de la cultura jacobea (2010), obra en 18 tomos con tres mil entradas da que foi director e autor principal. Esta enciclopedia, pendente de actualización, pode consultarse en internet, con acceso libre, como Xacopedia. Polo seu labor de investigación e divulgación do Camiño de Santiago, Rodríguez leva recibido distintos recoñecementos en Galicia e no exterior, entre eles, o prestixioso Premio Internacional Aymeric Picaud.
Rodríguez mantén unha longa relación familiar e laboral coa comarca da Mariña, onde, nos anos oitenta, foi delegado do xornal El Progreso e redactor na delegación de La Voz de Galicia.























Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



