O Deputado de Promoción Económica e Social asistiu á presentación da novena edición desta ruta cicloturista, á que a institución achega 3.000€ para o desenvolvemento da proba que contará con tres distancias: 72, 55 e 40 quilómetros
Lugo, 20 de marzo de 2025. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este xoves na presentación da novena edición da Ruta BTT Terra Chá Queixo San Simón da Costa, que se celebrará o vindeiro sábado, 6 de abril, polos concellos de Vilalba, Muras e Xermade. A Deputación colabora un ano máis con esta cita cunha achega de 3.000€ para o seu desenvolvemento. O acto, que tivo lugar na Casa de Cultura de Vilalba, contou tamén coa presenza da Alcaldesa da capital chairega, Marta Rouco; o Alcalde de Xermade, Roberto García; o Alcalde de Muras, Manuel Requeixo; e o organizador da proba e presidente do Club Ciclista Terra Chá, José Carreira.
Pablo Rivera subliñou a consolidación desta cita como unha das máis esperadas para os amantes do ciclismo e do turismo de experiencias en Galicia. Destacou que o evento transcende do carácter deportivo, sinalando que “é unha experiencia completa, que invita a descubrir a nosa terra dun xeito diferente”. “A Ruta San Simón da Costa non é só para os que pedalean, senón para todos aqueles que queren vivir unha fin de semana especial, rodeados de deporte, natureza e gastronomía”, afirmou.
Así mesmo, o Deputado resaltou a diversidade dos percorridos, pensados para participantes de todos os niveis, “desde os máis atrevidos ata aqueles que buscan gozar dunha experiencia sen présas”. Lembrou que esta ruta encaixa perfectamente no modelo de turismo que promove a Deputación de Lugo, baseado en ofrecer experiencias auténticas e afastadas das masificacións.
“A través desta ruta, os participantes teñen a oportunidade de coñecer a fondo os nosos camiños, montes e vilas, ao tempo que se conectan coa nosa xente e a nosa historia”, afirmou Rivera Capón.
Finalmente, animou a todas as persoas a participar ou seguir a ruta como espectador “para desfrutar desta experiencia única e de todo o que ofrece a noa provincia”, concluíu o Deputado.
Tres percorridos e 300 prazas dispoñibles
A ruta dará comezo ás 09:00 horas con saída dende a Praza da Constitución de Vilalba. Poden participar todos os ciclistas maiores de 15 anos que teñan unha licencia federativa en vigor, cun máximo de 300 participantes. As inscricións de menores de 18 anos deberán ir acompañadas da autorización por escrito do pai, nai, ou titor legal do participante. Os interesados poden realizar as inscricións ata o día 1 de abril a través da páxina web de ccnorte.com.
Nesta nova edición, a ruta máis longa incrementa a dificultade cun percorrido de 72 quilómetros polos concellos de Vilalba, Xermade e Muras, con 2.000 metros de desnivel positivo. Con respecto á ruta de media distancia, conta con 55 quilómetros e 1.400 metros de desnivel positivo e, por último, a proba máis corta é de 40 quilómetros e 700 metros de desnivel positivo.






















Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



