O uso da biomasa pola industria da celulosa aumenta en lugar de reducir as emisións, ademais de alimentar a desaparación dos bosques naturais europeos
Compostela, 21 de marzo, 2025. Un informe lanzado hoxe por Biofuelwatch, Environmental Paper Network, Ecoloxistas en Acción e Montescola cuestiona o modelo de producción enerxético a partir de biomasa do proxecto de Altri en Palas de Rei, que replica un sistema que cada ano extrae 2,4 millóns de toneladas de madeira primaria e non biomasa residual. O informe, cuxa versión pública se lanzou hoxe, día internacional dos bosques, revela que, lonxe de reducir emisións, o modelo actual de uso de biomasa por estas industrias incrméntaas exponecialmente.
Os cálculos presentados indican que Altri empregaría até 700.000 toneladas de madeira primaria (non residual) para alimentar a súa planta de xeración enerxética con biomasa. En termos xerais da industria da celulosa e fibra no Estado, estímase que por cada tonelada de pasta de papel producida se incinera un metro cúbico de madeira para producción de enerxía.
Para Ecoloxistas en Acción, estas cifras revelan que “lonxe de de tratarse dun uso da biomasa sustentábel, eficiente e de baixas emisións, o aumento da capacidade de xeración con biomasa en plantas como a proposta por Altri só fai que aumente o ritmo de extracción, o aumento das emisións de carbono, e a reducción dos sumideiros de carbono existentes”, afirma Cristóbal López, voceiro da organización.
Por iso o informe, cuxa versión íntegra foi remitida á Comisión Europea, axencias comunitarias e Goberno español, recomenda poñer fin ás axudas públicas que incentivan este tipo de proxectos, crear un rexistro transparente das cadeas de suministro de biomasa para as plantas de celulosa e abordar a xigantesca demanda enerxética do sector centrándonos na reducción da producción e demanda en vez de aumentar a xeración.
O informe forma parte dunha investigación a nivel europeo liderada por Biofuelwatch e Environmental Paper Network, que tamén aprofundou nos casos de Portugal, Finlandia, Suecia e Alemaña, mostrando que cada ano se incineran 45 millóns de metros cúbicos de madeira da UE en plantas de producción de celulosa. Isto implica que a industria da celulosa é responsábel pola queima do 17% da biomasa de madeira primaria na UE.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



