Barreiros, 11 de abril de 2025. Foi presentada no Concello de Barreiros, en presenza da alcaldesa Ana Ermida, do concelleiro de deportes Daniel García e do representante do clube orgnizador Club Barreiros Multisport, a I edición da Valkiria Race, un evento deportivo pioneiro na comarca que acolle varias probas competitivas de Pentatlón Moderno e unha carreira de obstáculos, e que espera reunir a máis de 800 deportistas ofrecendo un espectáculo sen precedentes en Barreiros.
O evento arrancará o sábado 20 de setembro cunha xornada competitiva do Campeonato de España de Laser Run e outra carreira de Laser Run en modalidade de relevos da Liga Nacional de Clubes. E o domingo 21 disputarase a carreira de obstáculos, un desafiante recorrido de 10 km con máis de 38 obstáculos, integrada na Liga Nacional AOCO (Asociación de Organizadores e Clubes de Obstáculos de España), que desafiará a atletas de todos los niveles en probas de resistencia e habilidade.
A alcaldesa Ana Ermida expresou o “agradecemento por escoller Barreiros para este tipo de evento deportivo, xa que proxecta a Barreiros a nivel estatal e autonómico, e incluso internacional; posicionándoo como un destino para competicións deportivas tanto populares como de alto nivel”.
A rexedora insistiu no “impacto positivo na comarca e na localidade que teñen este tipo de iniciativas, que reforzan ademais o traballo que se está realizando tamén polas asociacións deportivas locais, promovendo que a veciñanza se involucre co deporte e o practique; ao tempo que impulsa o aumento da demanda do sector turístico, de hospedaxe e restauración”.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.


