Lugo, 4 de abril de 2025. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres diferentes acordos que permitirán á institución provincial continuar mellorando o estado e a conservación da súa rede de estradas. Nese sentido, a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, informou tras a reunión semanal celebrada no Pazo de San Marcos que a institución provincial avanzou en diferentes contratacións por importe conxunto de 700.000€ para a mellora de catro estradas e na roza de vías de 11 concellos da Mariña e a Montaña.
García Porto enmarcou estas actuacións “no firme compromiso” da Deputación coa mobilidade e detallou que, entre outras actuacións, quedou licitada en Carballedo, con 153.957,82€, as obras de mellora da LU-P-1005, que é a que conecta as parroquias de Cartelos e Furco, desde o lugar de Trasar ata Rañadoiro, no límite provincial. “Esta é unha actuación importante porque a vía dá servizo a media ducia de parroquias e ademais conecta o suroeste do concello de Carballedo coa provincia de Ourense”, valorou a Deputada.
Os traballos afectarán á totalidade da vía, desde o inicio ao punto quilométrico 5,693 e inclúen o acondicionamento de preto de 500 metros do ramal que une esta estrada con Trasar de Sabugueiro, en Buciños. As obras consistirán na reapertura de cunetas, arranxo de afundimentos e repavimentación do firme; e o prazo de execución dos traballos será de 3 meses.
No que ten que ver coas estradas provinciais, a Deputación tamén adxudicou este venres as obras doutras tres vías ao seu paso por Castroverde, O Corgo e Bóveda.
Entre os concellos de Castroverde e O Corgo, acondicionaranse os 4 primeiros quilómetros da LU-P-1211, que vai desde Coto ata Arrubial por Porcín. Os traballos consistirán na reapertura de cunetas, no saneo da explanada e na reparación de afundimentos. Resultou adxudicataria deste proxecto a empresa Cholo SL, por un prezo de 74.776,65€ e un prazo de execución dun mes desde o inicio das obras.
En Bóveda quedaron adxudicados diferentes traballos. Por unha parte, na LU-P-0910, que vai de Rubián a Mosteiro Vello (en Paradela) por Vilarbuxán, a Deputación de Lugo acondicionará case os primeiros 6 quilómetros ata o límite municipal, desde o inicio da vía ao punto quilométrico 5,477. E a institución provincial tamén acondicionará a totalidade da LU-P-0903, que une o núcleo urbano de Bóveda coa conexión da estrada autonómica LU-611, na parroquia da Raíña. A adxudicataria do proxecto é Construcciones y Obras Taboada Ramos SLU por un importe de 268.683,32€ e un prazo de execución de menos de dous meses. Os traballos en ambas vías consistirán na reapertura de cunetas, limpeza de drenaxe, reparación de desperfectos e repavimentación.
Contrato de desbroces nas estradas da Montaña e na Mariña
A Xunta de Goberno deste venres tamén adxudicou, por un importe de 177.000€ as tarefas de desbroce en 11 concellos das comarcas da Montaña e da Mariña. En concreto, son as zonas que se corresponden ao lote 2: Burela, Cervo, Foz, O Valadouro e Alfoz; ao lote 6: A Pontenova, Riotorto e A Pastoriza; e ao lote 22: Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.
No caso do lote 2, os traballos serán realizados pola empresa Transformaciones Agrarias Isidro Hermanos Blanco Trigo, S.L por 56.161€. O lote 6 foi adxudicado a Diego García Besteiro por 62489€; e do lote 22 encargarase a empresa Desbroces Casal SL cun prezo de 58.480,66€. O contrato é para a anualidade de 2025, con opción dunha prórroga por un ano máis.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



