Os obxectivos desta iniciativa formativa foron explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, ou promover o coñecemento de novas producións agroalimentarias, entre outros
Ribadeo, 4 de abril de 2025. A Axencia Galega da Calidade Alimentaria levou a cabo hoxe unha xornada formativa sobre oportunidades de negocio en relación coa produción e comercialización das fabas de calidade, celebrada no Centro de Experimentación e Formación Agraria (CFEA) Pedro Murias de Ribadeo.
Esta iniciativa foi promovida pola Xunta en colaboración coa Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) e forma parte das accións de formación e e I+D+i postas en marcha a prol da Faba de Lourenzá. A actividade enmárcase ademais no programa de actuación 2025 da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
Os obxectivos desta xornada foron explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias; promover o coñecemento de novas producións en ámbitos agroalimentarios e impulsar a xeración de emprego cooperativo; así como fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas. A maiores, buscou analizar a situación actual do cultivo da faba de Lourenzá ante o descenso de produción dos últimos años na procura de solucións
Esta actividade contou cunha ampla variedade de faladoiros que ofrecen unha análise completa da situación que está a vivir a Faba de Lourenzá na nosa comunidade. A xornada comezou cun relatorio sobre o cultivo de fabas de calidade, no que se abordarán cuestións como as características agroclimáticas idónea para cultivar esta legume, como manexar o chan e preparar o terreo. Impartíronse tamén nocións sobre o seu ciclo de cultivo e técnicas de sementeira; así como sobre boas prácticas para optimizar a produción, a fertilización e a rega.
Posteriormente, afondouse no apoio ás iniciativas de emprego en economía social por parte da Xunta, continuando despois con temas relacionados coa selección de sementes para a produción de fabas de calidade e a sanidade da semente de Faba de Lourenzá.
A xornada tamén incluíu relatorios sobre o cambio climático, as pragas e as enfermidades na selección das sementes e os requisitos e beneficios para certificar a faba. Por último, analizáronse a comercialización e as tendencias de mercado.
Medidas a prol da Faba de Lourenzá
Esta acción forma parte do paquete de medidas posto en marcha pola Xunta de Galicia para apoiar o cultivo de Faba de Lourenzá, que inclúe, entre outras actuacións, axudas directas, de carácter excepcional, para os produtores inscritos nesta Indicación Xeográfica Protexida (IXP).
Tamén, un instrumento financeiro para dotar de liquidez aos agricultores e gandeiros galegos en xeral e de modo específico aos fabeiros, co fin de que poidan facer fronte á sementeira. Ao tempo, con estas actividades de formación e divulgación búscase converter o Pedro Murias nun centro de referencia, de forma que funcione, tamén, como punto de realización de campos de ensaio.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


