Os traballos, nos que a institución provincial inviste preto de 200.000€, afectan aos últimos tres quilómetros da vía. Este luns comezaron coa extensión do aglomerado tras acometer a limpeza das cunetas e a mellora da drenaxe
Lugo, 28 de abril de 2025. A Deputación de Lugo avanza nas obras de mellora da estrada provincial LU-P-4404, que une Meira e Riotorto desde Riocabo ás Rodrigas. Uns traballos nos que a institución provincial inviste preto de 200.000€ para acondicionar os tres últimos quilómetros da vía. Este luns comezaron coa extensión do aglomerado tras acometer a limpeza de cunetas e a mellora da drenaxe.
As obras afectan concretamente ao treito comprendido entre o quilómetro 15 e o 18,03, no concello de Riotorto, no tramo que vai desde a parroquia de Santa Marta de Meilán, no lugar de Espasande de Arriba, ata a capital do municipio, As Rodrigas. A semana pasada comezaron os traballos coa reapertura de cunetas, eliminando a vexetación e as acumulacións de terra. Este luns comezaron os traballos de extensión do firme con aglomerado en quente e faltará o pintado da vía mediante marcas reflexivas brancas e a reposición da sinalización vertical.
Trátase dunhas obras importantes para o concello de Riotorto e para a provincia, posto que esta estrada une a zona setentrional da Terra Chá coa Mariña, dando servizo directo tamén aos concellos de Meira e da Pastoriza. Ademais trátase dunha vía que enlaza en Riocabo coa N-640 e nas Rodrigas coa LU-P-5501, polo que é unha estrada moi empregada pola veciñanza.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



