As mariñás pasan con comodidade, ante o Ourense Ontime, á fase final da competición que se disputará mañá á 13.30h.
Burela, 2 de maio, 2025. O conxunto feminino do Burela FS entróntase esta fin de semana á fase final da Copa da Raíña 2025, celebrada no Palacio dos Deportes de Cartagena do 2 ao 4 de maio e na que comeza enfrontándose, nun bonito derbi galego, ao Ourense Ontime, hoxe venres, ás 16.00h. Primeira parte dominada polas mariñás que chegan ao descanso cun 2-0 e segunda parte tamén cómoda para rematar levándose ou partido con soltura e facilidade.
Inicio de partido trepidante cuns minutos nos que o Burela arrinca desconcentrado pero no minuto 4 toma as rendas do encontro cunha primeira ocasión clara de Dinha cun disparo excesivamente cruzado que se vai pola liña de fondo preto do pau e salvaa Rafinha segundos despois, desviando outro tiro de Dinha, esta vez frontal, tras un boísimo pase de Emilly. Picaa Carolina Pedreira pero vaise por encima do traveseiro, no minuto 8 tras unha boa xogada individual pola banda. Chega o primeiro tanto no minuto 8, un golazo de Dany que a rouba case a media pista e métea xunto ao pau coándoa entre a defensa ourensá. Sálvaa Cami segundos despois nunha boa transición do conxunto de Carlos Navarro sacando o balón fóra nunha chegada de Ana Rivera a piques de encararse con Caridad. Paradón de Uxía que desvía coas mans un trallazo frontal de Emilly tras unha boa xogada grupal das burelanas. E chega o segundo das mariñás, un gol sorpresa tras un tempo morto pedido polo Ourense no 16, Dany pásaa moi escorada ao segundo pau onde Carolina remata de cabeza e métea por detrás de Uxía. Escápaselle a Débora o gol no 18, nun rexeite tras un disparo de Cami que detén a porteira ourensá que hoxe está traballando moito e ben. A 30 segundos do descanso Patricia ten unha última oportunidade que se vai rozando o pau nun bo disparo afastado.
Márchase pegadiña ao pau unha boa volea de Patricia no 23 e salva segundos despois Caridad, desviando co tacón un bo lanzamento afastado de Sara Soares. Chega o 3-0 no 24 nun cara a cara de Emilly con Sara Soares que vence a mellor xogadora do mundo que remata resolvendo Débora nunha situación de vantaxe de dúas ante a porteira ourensá. Sae Antía Pérez tras o gran susto sufrido recentemente na rodilla, lanzando dúas veces en 2 minutos a portería, sen a precisión suficiente para anotar. Enrócase o Burela a partir de agora non deixando ao rival chegar sequera a executar disparos próximos a portería. Case a mete Chiky que a lanza por encima da portería desde a área tras unha boa recuperación e pase de Alice. Cómodo o Burela continúa xerando ocasións e freando as varias saídas con porteira das ourensás. Desvíaa Caridad co pé a corner no 25 nunha saída de Sara Soares e pase a Alice que realiza un disparo cruzado frustrado pola porteira de Sanlúcar de Barrameda. Presionan as ourensás con xogo de 5 e Emilly aproveita unha recuperación para anotar o 4-0 que, a 2 minutos do final, deixa ás de Ourense sen moitas opcións. Volve desviar Caridad, que non permite unha, desviando coas mans por encima da portería un disparo directo de Ana Rivera que se dirixía directo á escuadra laranxa e outra vez recupéraa a 20 segundos do final, asistindo ao 5-0 cun pase de 10 a Patricia que mete a portería baleira cun disparo raso cruzado.
Mañá enfrontaranse na final ao gañador do último enfrontamento destes cuartos de final, un duelo entre o STV Roldán FSF e o Poio Pescamar FS, que se disputará ás 18.30h de hoxe e do que podería resultar outro derbi galego, outro Derbi dás Costas, para a semifinal desta Copa da Raíña 2025. Mañá o Burela xogarase o pase á final á 13.30h, encontro que se retransmitirá pola canle pública Teledeporte.
Ficha Técnica Burela FS 5-0 Ourense Ontime
Burela FS (5): Caridad; Dany, Dinha, Cilene, Cami -quinteto inicial-, Emilly, Noelia Montoro, Patricia, Carolina Pedreira, Débora, Antía Pérez.
Ourense Ontime (0): Uxía Rodríguez; Vero, Alice, Rafinha, Ana Rivera –cinco inicial-, Chiky, Raquelilla, Marta, Judith, Sara Soares (p)
Goles: 1-0, min. 8: Dany. 2-0, min.16: Carolina Pedreira. 3-0, min. 24: Débora. 4-0, min. 38: Emilly. 5-0, min.40: Patricia.
Árbitros: Mayra Araújo, Lidia Crespo Pardo, Marta Garvalena Crespo, Lucía Guillén Lahoz, Victoriano Bey Ruiz.
TA: por parte del Burela FS: Julio Delgado.






















A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



