Iria Castro presentou as actividades que inclúen xogos de rol e de mesa, un obradoiro de robótica e un certame en redes sociais , do 12 ao 18 de maio
Lugo, 8 de maio de 2025. A Rede Museística Provincial desenvolverá ao longo da vindeira semana – do 12 ao 18 de maio- unha ampla axenda para conmemorar o Día Internacional dos Museos – 17 de maio – que se celebra internacionalmente baixo o lema “O futuro dos museos en comunidades en constante cambio”
Os catro museos – Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Pazo de Tor e Fortaleza de San Paio de Narla – acollerán mais dunha ducia iniciativas que, partindo das coleccións e dos valores patrimoniais dos diferentes museos, poñen en valor a diversidade, a creatividade e o diálogo intercultural.
A programación pon o foco na mocidade, público obxectivo da maioría das protagonista e protagonista tanto no deseño e coordinación de propostas como as I Xornadas de rol e xogos de mesa -o 10 e 11 de maio na Fortaleza de San Paio de Narla – , o obradoiro Robótica e arte moza, con Enrique Peñalver, -o 18 de maio no Museo Provincial de Lugo- ou o certame “Xunventude en acción: A noite é nosa” que convoca a compartir a través de Instagram creacíons inspiradas nos museos provinciais.
A deputada de Cultura Iria Castro participou este xoves na presentación das actividades, onde destacou “a diversidade de colectivos e persoas que participan na programación recollendo os froitos do traballo en rede que se realiza desde os museos” e valorou “que se apele de forma especial á mocidade, asumindo o reto de facer dos museos espazos máis atractivos e máis próximos para a rapazada”.
Programa DIM 2025
Estratexias de Museoloxía Social: Comunidades en cambio
Todos os martes
Un espazo de conversa e reflexión sobre diversidade e diálogo intercultural.
Presentación do Omeka da RMPL
16 de maio – Semana dos Museos
A RMPL lanza unha nova plataforma dixital baseada en Omeka, ferramenta libre e aberta para divulgar o patrimonio cultural. O proxecto inaugúrase coa exposición en liña “Cousas de Alén do Mar en Tor”, e seguirán novas coleccións dos museos da rede.
Xuventude de/en Lugo
Espazo para a creatividade, o xogo e a expresión cultural!
I Xornadas de rol e xogos de mesa
10 e 11 de maio
Fortaleza de San Paio de Narla
Teatro no Pazo de Tor polo Día das Letras Galegas
17 de maio – 19h
Representación do grupo de teatro do CEIP A Gándara.
Obradoiro “Robótica e arte moza” . Enrique Peñalver
18 de maio – 10:00 a 13:00
Museo Provincial de Lugo
Entrega do Premio “Cousas do Retorno. Ser Migrante”
18 de maio – 12:30 MPL
Xuventude en acción: A noite é nosa. Belén Linares
Súmate á iniciativa compartindo en Instagram as túas creacións inspiradas nos museos da nosa rede e no lema do Día Internacional dos Museos 2025. Podes compartir vídeos, textos, fotos… ¡o límite é a túa imaxinación!
Do 12 ao 18 de maio. É imprescindible ser maior de idade e menor de 30 para participar.
Indicacións de participación:
– Etiquétanos na túa publicación.
– Envíanos o enlace ao noso correo: comunidadermpl@gmail.com
– Entre todas as persoas participantes, sortearemos unha fin de semana na Ribeira Sacra!
– O sorteo será o 20 de maio de 2025, en directo no noso Instagram.
Cousas Nosas: Cultura e tradicións
Encontro de saberes sobre O futuro dos museos en comunidades en cambio
11:00 horas
Museo Provincial de Lugo
Inauguración da exposición “Adiante”
16 de maio – 12:00
Museo Provincial de Lugo
Encontro con Alba Díaz Geada: “Mudar en común: Galiza 1959-1982”
16 de maio – 17:30 horas
Museo Provincial do Mar
Obradoiros sobre cultura e historia, en colaboración con Caetra Lucensium
17 e 18 de maio – 11:00 a 14:00
Museo Provincial de Lugo
Aldeáns: Pasarela de traxes tradicionais. Ano Castelao 2025
18 de maio – Dous pases, 18:00 e 19:00
Fortaleza de San Paio de Narla. Servizo de autobús desde Lugo (saída ás 17h desde Cruz Vermella na Avda. Madrid , regreso ás 20h).
O 18 de maio, Día Internacional dos Museos, agasallo para todas as persoas que visiten os museos da rede!
Día Internacional dos Museos
O Día Internacional dos Museos, promovido internacionalmente polo ICOM (Consello Internacional dos Museos), celébrase este ano baixo o lema “O futuro dos museos en comunidades e constante cambio”.
Un epígrafe que convida á reflexión sobre catro piares fundamentais: a necesidade dos museos de adaptarse aso cambios, evolucionando coas mudanzas sociais, tecnolóxicas e ambientais que nos afectan no día a día, fomentar a inclusión de foram que todas as persaos se sintan representadas e protagonistas da cultural, actuaren como motores de trnasforamción xerando conciencia e impulsando accións posiitva na sociedade e traballar en colaboración cos colectivos sociais para empoderar ás comunidades.






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



