A deputada Sonia Vidal reclama accións concretas, financiamento real e apoio técnico para salvar a Faba de Lourenzá da desaparición
Santiago de Compostela, 16 de maio de 2025. A deputada do Bloque Nacionalista Galego, Sonia Vidal, denunciou na Comisión 7ª de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, a situación crítica que atravesa o cultivo da Faba de Lourenzá, un produto con Indicación Xeográfica Protexida (IXP) e alto valor agronómico e cultural, que “leva anos soportando perdas económicas sen que a Xunta activase medidas estruturais nin inmediatas”.
Segundo explicou Vidal, o sector vive “un momento límite”, con campañas consecutivas arruinadas por pragas, fenómenos meteorolóxicos extremos e falta de ferramentas fitosanitarias eficaces. “Estamos falando dunha perda do 80% da colleita no ano 2023 e dunha campaña 2024 devastada pola borrasca ‘Kirk’ que deixou sen recoller o 90% da produción”, sinalou.
A deputada nacionalista acusou á Xunta de vivir de titulares: “Non máis notas de prensa, non máis anuncios sen orzamento, non máis promesas sen execución. Mentres vostedes sacan fotos, as labregas e labregos están a piques de abandonar o cultivo porque non poden asumir outro ano de perdas”.
Durante a súa intervención, Sonia Vidal exixiu axudas directas reais e inmediatas, non “promesas sen publicar no DOG”. Tamén un plan de adaptación ao cambio climático con apoio técnico e revisión do catálogo de fitosanitarios, así como reforzar os medios e do persoal do Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias e un plan de promoción coherente, “porque non se pode defender unha IXP sen garantir antes que se poida producir”.
Vidal advertiu de que “se esta campaña volve fracasar, moitas produtoras abandonarán definitivamente, e entón xa poden gastar o que queiran en campañas de promoción: non haberá faba que vender, nin Indicación Xeográfica que manter”.
Para o BNG, a Faba de Lourenzá representa “non só un motor económico para A Mariña, senón un símbolo da identidade produtiva galega”. Por iso, instan ao goberno do PP a abandonar “a política do fume e do titular” e activar xa medidas concretas con prazos e orzamento. “Ou hai futuro para o rural, ou Galiza queda baleira”, concluíu.










O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



