Representantes de Barreiros, Boiro, Cartelle, Cuntis, Lugo, Moaña, As Neves e Nigrán integran a delegación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
Barreiros, 29 de maio de 2025. Representantes de oito concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade participan no 3º Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional que se clausura este serán na localidade valenciana de Gandia. O presidente da entidade e alcalde de Nigrán, Juan González, participou onte na inauguración do evento, como vicepresidente da Confederación de Fondos de Cooperación y Solidaridad, canda a secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Eva Granados.
A delegación galega está integrada tamén pola alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, o rexedor de Cuntis, Manuel Campos, e o alcalde das Neves, José Manuel Alfonso, xunto con Raúl Treus, Daniel Fernández, Olga López e María Sanluis, edís de Boiro, Cartelle, Lugo e Moaña, respectivamente. Canda elas e eles, máis de 250 representantes políticos e técnicos municipais de todo o Estado están a debater sobre o papel chave das administracións locais na solidariedade internacional e os desafíos que enfrontan.
Deste xeito, o programa do 3º Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional estrutúrase en cinco plenarias que abordan a cooperación multinivel, os retos do actual contexto internacional, a achega do municipalismo á axuda oficial ao desenvolvemento, o impacto do novo Real Decreto de subvencións e a cooperación feminista. Na sesión inaugural de onte á tarde, a secretaria de Estado apuntou que “o contexto internacional pon en cuestión o valor da cooperación internacional, polo que é máis necesario ca nunca explicar o valor da solidariedade global e reivindicar a cooperación ao desenvolvemento”.
Pola súa banda, o presidente do Fondo Galego destacou que estas xornadas constitúen “un punto de encontro para todas aquelas persoas e institucións que cremos firmemente no poder transformador da cooperación internacional desde o local”. “A construción dun mundo máis xusto comeza tamén desde os municipios”, engadiu, e animou a seguir “tecendo alianzas, erguendo pontes, alzando a voz por quen vén vulnerados os seus dereitos e abrindo camiños cara un mundo en que ningún territorio nin ningunha persoa queden atrás”. A apertura completouse coas intervencións do Fons Valencià per la Solidaritat, Generalitat Valenciana, FEMP e do alcalde de Gandia.
O Fondo Galego
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 116 concellos e as catro deputacións de Galicia, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur Global e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, o Fondo Galego vai cumprir 28 anos tendo apoiado uns 200 proxectos en máis de trinta países e promovendo numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur e a Axenda 2030.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



