Ribadeo, 11 de xuño de 2025. Acisa e a Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo uníronse de novo para levar a cabo un novo proxecto de formación en inglés destinado ao persoal de comercio e hostalaría.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “hoxe vimos de presentar un novo proxecto que nos parece moi interesante, facémolo da man da Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo coa finalidade de ofrecer a todos os traballadores e traballadoras do comercio e da hostalaría a realización dun curso de inglés específico para todos eles. O que pretendemos é seguir a traballar no servizo de formación que ofrece a nosa entidade. Trátase de facilitar formación en idiomas dun xeito práctico e adaptado ao vocabulario mais necesario para os profesionais destes dous grandes sectores económicos, cubrindo así unha demanda que vimos observando dende hai anos”.
Cruzado Iglesias subliñou que “Ribadeo recibe cada ano a máis turistas chegados desde outros países, a maioría deles falan inglés e pensamos que sería moi bo que cando van a un bar, a un restaurante, a un hotel ou a un comercio se poidan comunicar con nós nesa lingua, dunha forma sinxela. O turismo estranxeiro vai a máis e nós debemos estar preparados para recibilo e para poder desenvolvernos do mellor xeito posible. Cantos mellores sexan os servizos que ofrecemos desde Ribadeo e desde os nosos negocios, mellor será para todas e todos. Iso redundará na boa imaxe que ofrezamos de Ribadeo e do seu tecido empresarial ao resto do mundo”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, indicou que “este novo curso celebrarase os venres de 9:30 a 10:30 horas de setembro a maio. Os contidos que se impartirán estarán relacionados coas transaccións diarias nun establecemento, saudar e despedirse, dirixirse a alguén, describir un produto, dar e pedir información sobre tallas, prezos, pratos, menús, alérxenos, horarios, reservas telefónicas, mails, dar indicacións básicas os turistas sobre direccións ou destinos…. operacións de cobro en inglés”.
Pérez Prada engadiu: “búscase dar unha formación práctica e accesible a todo o mundo, cun horario que creemos que é bo tanto para hostalaría como para comercio, con prácticas orais con enfoque comunicativo, aula virtual de apoio, actividades e simulacións en comercios e restaurantes, e presenza de auxiliar de conversación nativo nas clases”.
A directora da EOI, Paloma Galán comentou que “para inscribirse solo hai que presentar o DNI, o impreso de matricula e aboar unicamente as taxas correspondentes. O prazo de matricula está aberto desde este pasado luns ata o 21 de xullo e no caso de quedar vacantes reabrirase de novo do 1 ao 19 de setembro. O custe é de 45 euros todo o curso mais 35 euros de apertura de expediente (de non ter estado nunca matriculados na EOI). As persoas interesadas poden obter toda a información necesaria ou consultar calquera dubida na seguinte páxina web da EOI de Ribadeo https://www.edu.xunta.gal/centros/eoiribadeo/, escribir á seguinte dirección de correo electrónico eoi.ribadeo@edu.xunta.gal ou chamar ao teléfono 982 129 657”.
E destacou que “é importante destacar que este curso está aberto a todo o mundo, a calquera persoa que estea traballando nalgún comercio, bar, restaurante, hotel… O que teñen que saber é que o temario estará completamente dirixido a facilitar os coñecementos necesarios para desenvolverse con maior soltura en inglés nos seus postos de traballo, tanto do sector comercial, do hostaleiro como tamén dos servizos”.
A iniciativa foi presentada por Paloma Galán, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.










Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



