A decisión aumentará, aínda máis, o actual estado de agonía da nosa sanidade, afirman
Burela, 11 de maio de 2025. Desde a central sindical explican que o peche comezará progresivamente, pechando camas e reducindo o persoal para, a partir de xullo, proceder ao peche das portas da planta de Medicina Interna perdendo así o hospital a capacidade de ter dispoñíbeis 38 camas para ingresar as e os pacientes que así o requiran.
“Este peche de camas terá consecuencias para as persoas doentes e suporá o incremento das derivacións a Lugo, ao deixar bloqueadas as camas libres do hospital de Burela”.
Unha práctica que se leva facendo durante os últimos meses “e que está a provocar o malestar das persoas afectadas e familias que se ven obrigadas a desprazamentos innecesarios por mor da dirección do hospital que provocou a fuxida de profesionais”.
Estas medidas “tamén provocan un incremento das listas de espera fomentando a derivación de doentes á sanidade privada para cumprir a Lei de Garantías”, e tamén “o desprazamento de traballadores e traballadoras a outras unidades de hospitalización para cubrir vacacións e outras ausencias, o que incrementa tamén o desemprego e a dificultade para a conciliación vida laboral e familiar”, aclaran.
A escusa da falta de profesionais
A dirección do Hospital xustifica o peche destas camas pola falta de persoal, unha situación xerada pola propia dirección e que a central nacionalista vén denunciando dende 2019.
“O persoal, sinalan, ‘fuxiu’ a outros sitios en busca dun futuro laboral mellor, onde se lles garante estabilidade”.
A CIG-Saúde leva anos demandándolle á dirección que dignifique a contratación.
Pola contra, a dirección do hospital mariñao, malia as demandas trasladadas, negaron que esta fuxida de profesionais fose por motivos laborais, sinalando que se marchan é por motivos persoais. “Se non temos o persoal que este centro precisa”, sinalan, “a única responsábel é a dirección do hospital polas políticas de contratación precarias dos últimos anos”.
No verán tamén se enferma
A CIG-Saúde sostén que durante o período estival non pode diminuír a actividade asistencial porque “as poboacións das zonas de costa, como mínimo, se duplican nesa época e os pobos do interior da comarca tamén se enchen cos centos de persoas que veñen de fóra”. Argumenta, ademais, que as persoas “tamén enfermamos no verán”.
“Pechar camas e diminuír a actividade non é nin de lonxe unha boa xestión, simplemente é unha medida que só busca o aforro económico e que vai privar de asistencia sanitaria de calidade durante o verán aos mariñaos e mariñás”, finalizan.






















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



