Daniel Castro cuestiona a resposta do Goberno galego ante a falta de médicos, as longas listas de espera e a represión do protesto social
Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2025. O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Daniel Castro, denunciou de forma crítica esta mañá no Parlamento galego a situación do sistema sanitario público na Mariña e a falta de resposta por parte do goberno do PP na Xunta.
Castro puxo en evidencia problemas como a ausencia de médicos en Centros de Saúde de concellos con máis de 10.000 habitantes, como Foz, onde os veciños pasan días sen atención primaria. Ademais, criticou as longas listas de espera, que obrigan aos doentes a esperar anos para ser atendidos ou a ser derivados a Lugo para intervencións básicas.
O deputado nacionalista cuestionou a actitude da Consellería de Sanidade, que en lugar de ofrecer solucións, optou por “reprimir e insultar” aos manifestantes e traballadores sanitarios que protestan pola precariedade do sistema. Tamén denunciou prácticas como a retirada de pancartas e a identificación de persoal sanitario que se manifesta ante o Hospital da Mariña.
Castro destacou a contradición de reducir 38 camas hospitalarias no verán, cando a poboación da Mariña se triplica debido ao turismo e as necesidades sanitarias aumentan. Reiterou que profesionais sanitarios, sindicatos e veciños coinciden en que a situación é “calamitosa”, mentres a Xunta do PP insiste en negala mediante notas de prensa.
“Se vostede fose da Mariña, señor conselleiro, estaría enfadado?”, preguntou Castro, desafiando ao Goberno de Rueda a recoñecer a realidade e actuar con urxencia para garantir unha sanidade pública digna para todos os veciños da comarca.




















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



