Nota de Prensa
A LECTURA DUN MANIFESTO E UNHA SOLTA DE GLOBOS EN LEMBRANZA DAS MULLERES ASASINADAS NESTE 2010 SON ALGÚNS DOS ACTOS ORGANIZADOS POLO CONCELLO DE BURELA PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.
Burela, 24 de novembro de 2010. A praza do Concello acollerá mañá a partires das 12:30 a lectura dun manifesto, a continuación terá lugar unha solta de globos en lembranza das mulleres asesinadas neste 2010 e o venres quedará constituida a mesa de coordinación para a mellora da atención a víctimas de violencia de xénero. Son algúns dos actos organizados polo Concello de Burela para conmemorar o día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.
A edil nacionalista explicou que “dentro das actividades que desde a Delegación de Igualdade organizamos para abordar e loitar contra a violencia de xénero destacamos as charlas informativas que durante estes días o personal do noso CIM está a impartir nos institutos de secundaria de Burela. Tamén organizamos a cuarta edición do concurso de microrelatos sobre este tema que xa pechou o seu prazo de presentación e do que nos sentimos moi orgullosas porque a participación aumenta cada ano, neste 2010 presentáronse 44 traballos e a vindeira semana daremos a coñecer os gañadores”.
Neves Cando subliñou que “mañá repartiremos unha pequena publicación que recolle os relatos gañadores do ano pasado. Tamén mañá xoves 25 de novembro, día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, ás 12:30 na praza do Concello terá lugar un acto público ao que convidamos a todo o pobo de Burela. Alí daremos lectura a un manifesto e terá lugar unha solta de globos en lembranza das mulleres asesinadas este ano”.
A concelleira de Igualdade anunciou que o vindeiro venres 26 de novembro ás 12:30 da mañá constituirase a mesa de coordinación para mellora da atención a víctimas de violencia de xénero, “un asunto que foi aprobado na última xunta local de seguridade”. Cando contou que “está adscrita á Concellaría de Igualdade e estará formada polas traballadoras dos Servizos Sociais e do CIM de Burela, por persoal da sanidade pública tanto de primaria como do Hospital da Costa, pola xefe da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación de Goberno, por representantes das forzas e corpos de seguridade do Estado e da comunidade autónoma, por representantes da administración de xustiza e tamén dos centros educativos”.
A tamén tenente de alcalde do Concello de Burela manifestou que “o obxectivo xeral desta mesa é mellorar a atención integral que suscita a problemática da violencia contra as mulleres. E ten outros máis específicos como favorecer a coordinación entre os distintos ámbitos de actuación desenvolvendo e unificando criterios comúns de atención ás usuarias, garantir que dende os servizos sociais, sanitarios, educativos, policiais e xudiciais se evite a revictimización das mulleres que sofren este problema facilitando que os profesionais que traballan nestes ámbitos teñan as ferramentas necesarias para desenvolver dun xeito adecuado a súa intervención e incrementar o nivel de confianza das víctimas en todo este sistema. Queremos tamén optimizar e axilizar todos os recursos existentes para evitar duplicidades, intercambiando información e prestándose colaboración, e potenciar a formación continua e permanente do persoal que intervén na atención a víctimas de violencia de xénero”.





















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



