Néstor Rego defende valorar o potencial da liña de ancho métrico como eixo de mobilidade sustentábel e vertebradora entre comarcas do norte da Galiza
Madrid, 15 de xullo de 2025. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de rexistrar novas iniciativas para exixir ao Goberno do Estado a modernización integral da liña de ancho métrico da antiga FEVE na Galiza, logo dun novo incidente rexistrado o pasado xoves 10 de xullo co tren turístico Costa Verde Express, que sufriu unha avaría e obrigou a interromper o tráfico ferroviario entre Ferrol e Ortigueira.
Rego denuncia que a incidencia, que tivo lugar pouco despois das 7:30h entre O Barqueiro e Loiba, provocou a paralización do tren turístico nun punto de difícil acceso, o que obrigou a cortar o tráfico ferroviario na liña e habilitar un plan de transporte alternativo por estrada, tanto entre Ortigueira e Ferrol como entre Ortigueira e Viveiro. A situación foi de tal gravidade que os pasaxeiros tiveron que agardar a chegada doutro tren desde Ortigueira para ser trasladados á estación e, posteriormente, desprazados en autobús até Santiago de Compostela.
“Este novo incidente é unha mostra máis do abandono sistemático da liña de ancho métrico, que sofre unha falta total de mantemento, cun material rodante obsoleto e unha infraestrutura que non responde ás necesidades actuais de mobilidade” denuncia Néstor Rego. O deputado nacionalista reclama ao Goberno que afronte de forma decicida a modernización dunha liña fundamental para a vertebración territorial das comarcas da Mariña, Ortegal e Ferrol.
Rego, ante esta situación, require coñecer as causas concretas da incidencia sufrida polo Costa Verde Express e que obrigou a interromper o tráfico ferroviario durante horas. “Débese reverter a tendencia de desmantelamento do servizo ferroviario regular, apostando por trens de proximidade seguros, frecuentes e accesíbeis, e non só polos trens turísticos” salienta.
Neste sentido, o BNG defende impulsar un Plan de modernización da liña de ancho métrico que inclúa renovación de infraestruturas, mellora da seguridade, adquisición de novo material rodante e un cadro de frecuencias axeitado á mobilidade da poboación. En opinión de Néstor Rego, deberíase valorar o potencial da liña de ancho métrico como eixo de mobilidade sustentábel e vertebradora entre comarcas cun importante peso poboacional e económico.
“Non podemos permitir que se condene á veciñanza a un servizo deficiente, irregular e cada vez máis residual. A liña FEVE é fundamental para garantir a cohesión territorial e debe ser tratada como un servizo público esencial” defende Rego.
O deputado nacionalista exixe que o Ministerio de Transportes presente previsións concretas para a posta en valor desta conexión ferroviaria, cun compromiso firme para frear o seu deterioro e poñela ao servizo da cidadanía galega.
“O Goberno debe apostar por manter unha infraestrutura para a mobilidade diaria das persoas na liña do que defende o BNG: un ferrocarril útil, moderno e ao servizo da maioría social” finda Rego.






















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



