Nota de prensa
A XUNTA LICITA O DRAGADO E LIMPEZA DO ENCORO LUCENSE DE LOURENZÁ, ACTIACIÓNS NAS QUE invistIRÁ máis dun millón de euros
* A acumulación de algas e sedimentos no vaso do encoro poñen en perigo o bo funcionamento do mecanismo de desaugadoiro, ademais de mermar a capacidade do encoro
* A delegada territorial, Raquel Arias, considera que o proxecto “mellorará claramente o abastecemento ao concello de Lourenzá, dado que na actualidade a acumulación de lodos impide a utilización óptima de todas as tomas de captación”
* O abastecemento á ETAP de Lourenzá manterase en todo momento alleo aos traballos no encoro ao dispoñerse unha toma provisional mediante pozo filtrante e bombeo de auga necesaria á actual condución
Lugo, 25 de novembro de 2010.- A Xunta de Galicia licita hoxe, a través do Diario Oficial de Galicia, a limpeza e dragado do encoro no río Baos do concello lucense de Lourenzá, por un valor de máis dun millón de euros. Esta actuación levarase a cabo grazas á sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos EPOSH, e este municipio da provincia de Lugo.
Neste encoro vense observando a existencia dunha importante acumulación de lamas e sedimentos no vaso. Este feito implica unha redución da súa capacidade e tamén pode darse a situación de que os seus órganos de desaugadoiro queden fóra de servizo. Cómpre indicar que esta situación limita a capacidade de actuacións en caso de que acontezan episodios de avenidas ou asolagamentos.
En consecuencia, e dado que o encoro forma parte da rede de abastecemento ao municipio e existe a ameaza de afectar á subministración de auga á poboación de Lourenzá, é necesario dragar os sedimentos acumulados no encoro, situado no Río Baos, así como o posterior tratamento e xestión das lamas recollidas.
Segundo a delegada territorial, Raquel Arias, este proxecto “mellorará claramente o abastecemento ao concello de Lourenzá, dado que na actualidade a acumulación de lodos impide a utilización óptima de todas as tomas de captación”. En todo caso, Arias destacou que, aínda que os residuos estorban o normal funcionamento do sistema, non son perigosos.
Con esta obra acádase o obxectivo de promover a mellora do medio ambiente, contribuíndo a garantir a sostibilidade e protección ambiental, así como o servizo aos habitantes da zona, xa que o encoro forma parte da rede de abastecemento ao municipio.
Subministro de auga
Nas obras inclúese o dragado das areas e lodos acumulados no vaso ante a ameaza de afectar ao subministro de auga á poboación de Lourenzá. Estímase que será necesario dragar un volume de 13.195 metros cúbicos.
O procedemento de dragado será por medio de aspiro-draga a cal irá montada nunha balsa, que bombeará a través dunha mangueira flexible o caudal de lodos a unha planta portátil instalada no lateral do encoro, onde se separarán as fraccións sólida e líquida e procederase a clasificar e deshidratar os lodos obtidos para a súa posterior entrega a xestor autorizado.
O abastecemento á ETAP de Lourenzá manterase en todo momento alleo aos traballos no encoro ao dispoñerse unha toma provisional mediante pozo filtrante e bombeo de auga necesaria á actual condución.
Outros dos beneficios desta colaboración é a resposta aos efectos negativos da degradación ambiental da zona, xa que ao ritmo de aterramento do encoro é posible que nuns anos desaparezan as masas de auga global, quedando substituída por pequenas masas de auga que se comunicarían en función do nivel do encoro.
Obrigas dos asinantes
En virtude desta colaboración, as administracións asinantes do convenio asumen un serie de obrigas. No caso da Consellería de Medio Ambiente comprométese a financiar o 100% da actuación, polo que se destinarán 1.068.622 euros, contratar as obras e entregar as mesmas unha vez finalizadas.
Por outra parte, o Concello de Lourenzá debe poñer a disposición os terreos necesarios para a normal execución das obras. Tamén se compromete ao sometemento a información pública dos proxectos das obras correspondentes e compromiso de conformidade co proxecto técnico dos traballos.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



