Burela, 23 de xullo, 2025. O xoves 24 de xullo, a partir das 18.00 horas, disputaranse as dúas semifinais de dobres absolutos: Marful-Rubén contra Iván-Bily e despois Laura-Fernando contra Jose María-Veiga.
O venres 25, a partir das 11.00 horas, disputarase a final sub10 de Consolación entre Valeria Mon e Mauro Fraga e despois a final sub10 entre Dani Expósito e Thiago Da Silva.
Pola tarde do día 25 a partir das 18 h. Semifinais do Individual Absoluto entre Fernando Kanacri e Miguel Anxo González; despois segunda semifinal entre Rubén Blanco e Jose María Pérez.
Na categoría sub-15, Marcos Mogo xa está na final e a outra semifinal xógase o mércores ás 18.00 horas. entre Leo Rodríguez e Alex Eiroa.
Os principais actos quedan para a fin de semana coa disputa da Final Absoluta de Dobres o sábado ás 18.00 horas. e a Final Individual Absoluta o domingo 27 ás 18.00 horas. A Final sub14 celebrarase o sábado as 11 h. e a sub 17 entre Laura Kanacri e Daniel Fernández o domingo as 17 h.
O domingo sobre as 20 h. farase a entrega dos trofeos e o peche do Torneo.



























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.

