O día 26 de xullo, coincidindo coa festa de San Xaquín e Santa Ana, celébrase a Xornada Mundial dos Avós e dos Maiores. Unha xornada que nos convida a reflexionar sobre as persoas que se atopan vitalmente na etapa máis adulta da vida e que, nas nosas sociedades envellecidas, cada vez representan un número maior. Son, estes dous, conceptos vinculados pero non sinónimos. Falamos de avós, de maiores, de anciáns como estados distintos e con connotacións especiais.
Aínda que a mocidade se presenta na nosa época como o modelo ideal, é evidente que o paso dos anos vai facendo envellecer inexorablemente. A etapa da xubilación, por tanto, é un fermoso e frutífero momento. Hai que encomiar que, chegada esta idade, e cando a saúde o permite, se dedique moito máis tempo a esas actividades das que a vida ordinaria non permitiu gozar: o lecer, a cultura, a familia, as afeccións, en definitiva, o cultivo persoal…
Neses casos é bo descubrirse sempre como un don para os demais, como un agasallo que pode facer moito ben ao noso redor. A referencia nunca pode ser un mesmo, senón o outro. Por iso, o meu parabén aos que, chegados a este tempo da xubilación, dedican o seu tempo a tarefas de voluntariado. Tantas entidades do Terceiro Sector, tamén a nosa Cáritas, atopan aquí un nicho para o seu voluntariado que é tan fundamental! E tamén na Igrexa hai moitas tarefas que as persoas maiores desenvolven: grazas polo voso compromiso que expresa a corresponsabilidade na Igrexa, sen o cal non fariamos tanto do que se fai na catequese, a liturxia, a acollida, o mantemento, os servizos… Seguimos contando convosco!
Algunhas das persoas maiores tedes tamén o honorable grao de ser avós. Que fermosura e que festa supón este título! Os avós son un referente na familia. Na nosa Galicia, tan garante dalgunhas tradicións, a convivencia na mesma casa de toda a familia extensa representa unha realidade moi fermosa. Os avós convértense para moitos netos nun modelo, en figura destacada que lles achega tempo e agarimo, que configura os seus valores, os seus criterios, a súa mirada ao mundo. Por iso son tan importantes e influentes. Non só porque posibilitan en moitas ocasións a conciliación da vida familiar e laboral, senón porque achegan na familia outras claves fundamentais para o desenvolvemento da personalidade. Nese sentido, hoxe para a Igrexa sodes fundamentais, pois en moitos fogares mantedes a lámpada acesa da fe e animades ás novas xeracións a descubrir a beleza da fe, da Igrexa e do Evanxeo. Grazas e seguide facéndoo na esperanza da sementeira!
Os anciáns que serían as persoas de máis idade representan tamén un número moi notable na nosa diocese. O alongamento da vida é un feito que foi posible grazas á técnica e aos avances na saúde e o benestar. A ancianidade, cando ás veces vai unida á dependencia, vívese con certo pesimismo e tristura, polos modelos de autonomía e independencia que prevalecen. Con todo, sempre seguides sendo un tesouro fermoso no seo da nosa sociedade e da nosa Igrexa, mesmo na vosa fraxilidade. Coidar fainos crecer e convértenos en máis humanos. É bonito descubrir como a sacra escritura está repleta de persoas anciás que se presentan como modelos de esperanza e luz entre os seus contemporáneos: pensemos en Abraham ou a súa muller Sara, ou Jacob, ou Samuel, ou Simeón e Ana, Zacarías e Isabel…
Con todo, nas nosas sociedades individualistas, os anciáns sofren especialmente a soidade e o abandono, mesmo nas propias residencias ou centro asistenciais. É un feito que nos atopamos a diario. Por iso, o Papa fainos unha invitación neste ano xubilar, que é tempo de liberación e de novas esperanzas: “Cada parroquia, asociación, grupo eclesial está chamado a ser protagonista da revolución da gratitude e do coidado, e isto ha de realizarse visitando frecuentemente aos anciáns, creando para eles e con eles redes de apoio e de oración, tecendo relacións que poidan dar esperanza e dignidade ao que se sente esquecido”.
Oxalá que esta Xornada nos axude a saír ao encontro dos nosos avós, dos nosos maiores, dos nosos anciáns para, xuntos, facer unha sociedade máis fraterna e humana na diversidade e o coidado mutuo.
O voso irmán e amigo,
Fernando García Cadiñanos
Bispo de Mondoñedo-Ferrol

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



