Este mércores, a Compañía Píscore recibiu o Premio Público Infantil no nome de Baoabab Teatro por ‘Ás para Álex’
Cariño, 6 de agosto, 2025. Continúa a XLVII edición da Mostra de Teatro Galego de Cariño, que afronta os seus últimos días cunha programación diversa con opcións para todos os públicos. Este ano, a Mostra organizada polo Concello de Cariño contou con varias novidades, unha delas, que a entrega dos Premios do Público da pasada edición pasou a realizarse antes do comezo das funcións das compañías galardoadas.
Así, o pasado martes, 5 de agosto, o Grupo Chévere recibiu o Premio Público Adulto 2024 pola súa obra ‘As Fillas Bravas e o mito de Casandra’, que conquistou ao público cariñés cunha puntuación de 688 puntos. A entrega tivo lugar antes da súa actuación na presente edición, onde presentaron a obra ‘As fillas bravas de Momán 2025’ no Auditorio Municipal.
E hoxe, mércores 6 de agosto, fíxose entrega do Premio Público Infantil 2024, que nesta ocasión recaeu en Baobab Teatro pola súa proposta ‘Ás para Álex’, con 413 puntos. A compañía xa non se atopa en activo, polo que o galardón foi recollido no seu lugar pola Compañía Píscore. A compañía, que representou esta mañá a súa obra ‘Molto Barroco’, pertence á mesma produtora (Culturactiva Producións).
A Mostra continúa ata o sábado 9 de agosto
Aínda quedan varias xornadas de teatro no Concello de Cariño, xa que a Mostra continuará ata o próximo sábado, 9 de agosto. Haberá dous espectáculos por día no Auditorio Municipal, agás na xornada do sábado, que volverase á Praza da Pulida.
O xoves 7 de agosto será a quenda de Náufragos Teatro con ‘Bule Bule’ (12:00 horas) e de Culturactiva Producións con ‘Nada se sabe’ (22:00 horas). O venres 8 representaranse as obras ‘Crisálida’ de Caramuxo Teatro (12:00 horas) e ‘Arte sen guión’ da Compañía Galeatro (22:00 horas). E xa para rematar, a xornada do sábado 9 de agosto despedirase a XLVII edición da Mostra de Teatro Galego de Cariño cos espectáculos de circo ‘Oh Pera!’, de Zirko Txosko (12:30 horas), e ‘Rogelio III. La Fête’, da Agrupación Assircopatas (21:00 horas). Estes dous últimos espectáculos serán na Praza da Pulida con entrada de balde.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



