Denuncian que están desmantelando a maquinaria da imprenta de As Pontes que hai persoal alleo á empresa traballando
As Pontes, 6 de agosto de 2025. O comité de Einsa Print compareceu esta mañá para anunciar a impugnación do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado pola empresa de As Pontes, por considerar que carece de xustificación e vulnera os dereitos das traballadoras e traballadores.
Segundo explica o secretario comarcal da CIG-Industria de Ferrol, Vicente Vidal, “a propia autoridade laboral cuestiona as causas, o procedemento e as formas do ERE, xa que a empresa non presentou documentación que acredite os supostos contratos perdidos nin os cálculos económicos”. Ademais, critica que “non se entregou a documentación completa e auditada do ano 2024, esencial para avaliar a situación”.
Descapitalización
Vidal denuncia que a dirección da empresa fixo as cousas de xeito premeditado, “descapitalizando as instalacións da fábrica para desfacerse da actividade de artes gráficas e aproveitar a necesidade doutra empresa (Ence) de instalarse na zona de xeito urxente”.
Nese sentido apunta que todo parece indicar que “a intención da empresa é iniciar unha nova actividade especulativa, alugando ou vendendo instalacións adquiridas con axudas públicas”. Entende que “isto constituiría un posible pelotazo inmobiliario, aproveitándose de fondos públicos, sen cumprir as garantías de emprego”.
Nese contexto, anuncia que “os avogados dos sindicatos están traballando na impugnación do ERE ante a Audiencia Nacional, dado que a empresa ten un centro de traballo en Madrid”. Unha impugnación baseada na falta de documentación exixida e na inexistencia de causas sobrevidas.
Vidal subliña que o propio secretario xeral da Consellaría de Emprego e Industria “recoñece que as supostas causas do ERE non existen”. Explica ademais que hai un ERE por causas organizativas acordado co comité a febreiro do ano 26 que, ao seu entender, estase vulnerando. “Marcábase unha garantía de emprego até o 31 de decembro de 2026 e o que está claro é que non teñen moito interese en cumprilo”.
Fronte a isto, o persoal está disposto a loitar até o final para acadar a anulación do ERE e para evitar que Einsa Print eluda as súas obrigas.
A CIG-Industria exixe da Xunta de Galiza e do concello das Pontes “unha resposta contundente para protexer o emprego e evitar a especulación” e reafirma o seu compromiso coa defensa dos dereitos laborais e contra calquera intento de desmantelar a industria local.










O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



