Nota de prensa
COMUNICADO DE PRENSA DO BNG DE RIBADEO
Cento corenta persoas asistiron este sábado 27 de novembro á presentación da candidatura de Fernando Suárez Barcia como candidato á alcaldía de Ribadeo polo BNG para as vindeiras eleccións municipais de maio de 2011. Nun ambiente moi cordial e cheo de optimismo, as persoas asistentes puideron comprobar de primeira man, a través dun novo número do Parladoiro do BNG de Ribadeo, as principais actuacións do equipo de goberno do Concello de Ribadeo.
Suárez Barcia afirmou que “dá gusto comprobar como a nosa cercanía á xente se ve refrendada pola boa disposición dos veciños e veciñas a achegársenos e falarnos dos seus problemas e daquelas cousas que pensan que están ben feitas; fomos e seguiremos a ser un equipo de goberno que sempre estará a pé de obra, atentos as suxestións dos cidadáns e cidadás ribadenses. Tedes ante vós un pequeno balanzo do traballo feito. Lembrade como estaban moitas cousas e como imos entregar o concello. Nós non imos presumir de que os nosos amigos gobernan aquí ou alí; nós tan só imos comentar como, goberne quen goberne aquí ou alí, sempre tiveron que escoitar a firmeza das nosas reclamacións para conseguir o que lle corresponde a Ribadeo. E soubémolo facer de forma intelixente: con man esquerda, pero tamén con rigor. Canto máis apoio logremos mellor poderemos levar a cabo a nosa xestión do día a día no concello de Ribadeo”.
Cando tomou a palabra Carlos Aymerich, voceiro parlamentario do BNG no Parlamento de Galiza, mostrou o seu orgullo de poder contar con persoas como Fernando Suárez Barcia, Mari Luz Álvarez Lastra, Vicente Castro e Horacio Cupeiro nos concellos galegos. “O BNG estará sempre co pobo, coa xente traballadora, con aquelas persoas que día a día están a loitar para saír adiante. Mentres que outros se reúnen coa gran banca, cos mesmos que axudaron a crear esta situación de crise, o BNG sempre será a garantía da prestación duns servizos básicos que redistribúan a riqueza e defendan os logros sociais acadados ata o de agora”.


















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



