Ribadeo, 15 de outubro de 2025. Ata o 31 de outubro pódese visitar na Oficina de Turismo de Ribadeo a exposición Tan coma ti da asociación Down Lugo, que foi inaugurada este mediodía.
O alcalde, Dani Vega, contou que “Tan coma ti é unha exposición fotográfica que chega a Ribadeo, que estamos sendo un exemplo en políticas de integración, de poñer no centro á persoa. Esta exposición Tan coma ti está, organizada entre a asociación Down Lugo e o Concello de Ribadeo, o que pretende é sensibilizar á cidadanía sobre a necesidade de construír unha sociedade verdadeiramente inclusiva. É desmontar estereotipos, amosando que as persoas con síndrome de down pensan, actúan da mesma forma que as demais, teñan discapacidade ou non teñan discapacidade”.
O rexedor dixo que “estas 40 fotografías capturan momentos do día a día, realizando actividades. Esta exposición tamén convida ao espectador a facer unha reflexión sobre as similitudes que nos unen aos seres humanos, mais alá das diferenzas visibles, o obxectivo é unir, é dicir, somos todos iguais e poñemos no centro o valor da persoa. O obxectivo tamén é promover a inclusión, o respecto, a empatía, desafiando os prexuízos e fomentando unha visión verdadeiramente máis xusta e equitativa dentro da diversidade humana”.
Vega dixo: “teño que felicitar á Concellería de Benestar Social, que sigamos desde o Concello poñendo no centro á persoa, colaborando con todas as entidades, e neste caso con Down Lugo, que está facendo verdadeiramente un traballo de sensibilizar á cidadanía, de acoller a todas as persoas, de acoller ás familias e de traballar conxuntamente con elas”.
E engadiu: “esta é a primeira parte dunha serie de actividades que estamos facendo con esta asociación e esta exposición fotográfica desas 40 fotos que queren sensibilizar e que todos a que fagamos unha reflexión, somos todos iguais e debemos pensar no valor da persoa e actuar en consecuencia”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



