De todas as construcións costeiras inventariadas nesta zona, un 44% poderían ter novos usos compatibles coa conservación dos seus valores orixinais
Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2025. A Xunta somete desde hoxe a información pública o novo Catálogo de bens de valor cultural no litoral, un documento que identifica un total de 125 elementos na costa da Mariña lucense que destacan polo seu valor patrimonial, arquitectónico ou cultural, entre outros.
De todos os inmobles inventariados nesta zona, un total de 55 (é dicir, o 44%) pertencen ás categorías de bens arquitectónicos ou industriais polo que poderían ter outros usos a futuro compatibles coa súa conservación e protección.
Aínda que non se materialice en todos os casos, esta vía abre novas posibilidades para a recuperación dalgúns destes bens —entre os que hai faros, muíños, antigas fábricas e outros edificios de carácter industrial— mediante a execución de proxectos que sexan compatibles e respecten os valores e características que precisamente lle valeron a súa catalogación. Ademais, este tipo de iniciativas tamén poden contribuír ao desenvolvemento sostible da costa e con el, á súa revitalización.
Cómpre lembrar que o Catálogo de bens de valor cultural do litoral é unha das primeiras medidas estratéxicas impulsadas pola Xunta en aplicación da Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia (Loxilga), que inclúe dentro das actuacións clave para o desenvolvemento sostible da costa aquelas intervencións destinadas a poñer en valor o patrimonio cultural existente a pé de mar.
Neste sentido, trátase dunha ferramenta inédita en Galicia que permitirá dar un salto cualitativo na xestión do patrimonio costeiro xa que impulsará a rehabilitación e posta en valor de bens ligados ao mar cun valor arquitectónico, histórico, cultural ou industrial co fin de darlles unha segunda vida.
Un total de 1.582 bens catalogados
Como punto de partida tomouse un inventario realizado polo Goberno galego no ano 2019 e no que se recollían 459 bens, elementos etnográficos e edificacións de carácter público e privado (muíños, antigas salgaduras, conserveiras…) dos que se tiña unicamente información moi básica.
A partir de aí e grazas a un exhaustivo traballo de campo realizado este verán nos 86 concellos costeiros galegos, o inventario inicial foi ampliado e enriquecido, tanto cuantitativa como cualitativamente, dando lugar ao catálogo que se someterá agora a información pública durante un mes.
Identificáronse en total 1.582 bens no litoral galego e en función das tipoloxías previstas na Lei do patrimonio cultural de Galicia, a meirande parte (630) aparecen clasificados como de tipo arquitectónico; 392 son arqueolóxicos; 348 son etnolóxicos; 182 encaixan na categoría industrial; e 12 cualifícanse como artísticos. A maiores, hai outros 18 bens incluídos no catálogo pero pendentes aínda de confirmar en cal dos grupos se clasifican, xa que poderían encaixar en varias tipoloxías.
En canto ao reparto por provincias, destaca o litoral da Coruña, que concentra 817 do total de bens de valor cultural identificados, seguida da costa de Pontevedra, con 640, e da de Lugo, con 125 elementos incluídos no catálogo.
Cómpre subliñar, ademais, que todas aquelas edificacións costeiras pertencentes ás categorías arquitectónica e industrial —un total de 812 en toda Galicia segundo consta no documento que se somete agora a información pública— serían susceptibles de solicitar un cambio de uso respecto daquel para o que foron concibidas orixinalmente sempre que sexa compatible coa súa conservación e protección.
Toda a información recompilada sobre cada un dos bens inventariados —que se presenta a través das correspondentes fichas, de forma individualizada ou agrupada segundo o caso— está xa á disposición do público en xeral no Portal de transparencia e a partir de mañá e ata o 1 de decembro os interesados poderán presentar as súas achegas e posibles alegacións ao catálogo.
CONCELLOS E BENS INCLUÍDOS NO CATÁLOGO NA MARIÑA LUCENSE























En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



