Barreiros, 29 de outubro de 2025. O Concello de Barreiros, a través da súa Aula Mentor, abre o prazo de inscrición para unha nova convocatoria de cursos formativos en liña, totalmente gratuítos e dirixidos a persoas adultas que desexen mellorar as súas competencias profesionais e dixitais.
O prazo de matriculación manterase aberto ata o 10 de novembro.
As persoas interesadas poden inscribirse ou solicitar máis información na Aula Mentor de Barreiros, a través do telf. 666.87.59.46 ou no correo barreiros@aulamentor.es. As prazas son limitadas e ocuparanse por rigorosa orde de inscrición.
Os cursos, cunha duración aproximada de 60 horas para facer en 2 meses a partir do 12 de novembro, impártense en liña e contarán con titorías personalizadas.
Nesta convocatoria os cursos ofertados son:
Linux Unhatched (Cisco): introdución ao sistema operativo Linux e á súa interface de liña de comandos.
Introdución a Internet das Cousas (Cisco): coñecemento das tecnoloxías que conectan dispositivos e obxectos intelixentes.
Introdución á Ciberseguridade (Cisco): boas prácticas e ferramentas para protexer a privacidade e os datos en liña.
Emprendemento Dixital (Cisco): habilidades e competencias para o éxito no entorno laboral do século XXI.
Fundamentos de Intelixencia Artificial con IBM SkillsBuild (Cisco): aproximación á IA e aos seus usos actuais en diferentes sectores.
Introdución á Ciencia de Datos (Cisco): primeiros pasos na análise e interpretación de datos.
Conceptos básicos de redes (Cisco): aprendizaxe dos fundamentos das redes informáticas e da súa estrutura.
Iniciación a Salesforce: formación no uso básico desta ferramenta de xestión de clientes (CRM).
Administración de Salesforce: aprendizaxe avanzada na configuración e administración da plataforma.
Iniciación á Física: fundamentos da cinemática, dinámica e enerxía, ideais para iniciarse nesta disciplina científica.
O Concello de Barreiros segue co seu compromiso de ofertar formación continua e en igualdade de oportunidades que permita á veciñanza do rural acceder a programas de aprendizaxe de calidade e sen desprazamentos.
A través da Aula Mentor e da Aula CeMIT de Barreiros búscase reducir a fenda dixital e fomentar o desenvolvemento persoal e profesional poñendo en igualdade de condicións ás veciñas e veciños de concellos pequenos fronte as persoas das zoas urbanas.




























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



