Viveiro, 16 de novembro de 2025. O Club de Piraguismo Viveiro contará con apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo para adquirir unha nova furgoneta no vindeiro ano.
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro e o deputado de Mocidade Daniel García transladaron este compromiso á directiva do club durante unha visita realizada esta semana ás súas instalacións.
Efrén Castro e Daniel García explicaron “neste último ano mantivemos diferentes encontros coa directiva do club nos que nos trasladaron esta necesidade” e encadraron “o investimento na aposta pola actualización e mellora das instalacións e medios dos clubs de piragüismo e remo da provincia que vimos desenvolvendo nestes últimos anos, con actuacións en hangares e axudas excepcionais para equipos de adestramento, embarcacións ou vehículos de diferentes clubs”
A compra deste novo vehículo, que se concretará con carago aos orzamentos de 2026, reforza a colaboración da Vicepesidencia da Deputación de Lugo cos clubs, que contan con achegas económicas para desenvolver a súa actividade competitiva a través da convocatoria anual de axudas de concorrencia.
Ademais, no caso do piragüismo, a rede de apoio da institución exténdese co financiamento da Copa Deputación de Lugo de Piragüismo e do Plan de Promoción de Piraguismo da Federación Galega que inclúe asesoramento e formación para persoal técnico dos clubs.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


