O avogado xeral do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (AXUE), ven de publicar o seu informe sobre as cuestións prexudiciais relativas á lei de amnistía española a respecto dos feitos supostamente delictuosos desenvolvidos durante o procès. O informe devandito avala a lei de amnistía e rexeita calquera incompatibilidade co Dereito europeo, afirmando que:
1.- A amnistía é unha materia de competencia estatal, non harmonizada no Dereito da Unión Europea (UE).
2.- Non existe a autoamnistía da que falaron algúns operadores xurídicos españois, por se aprobar das resultas dun contexto de reconciliación política e social. Mais cómpre ampliar o perímetro desta afirmación do avogado xeral. Non é tanto un contexto de reconciliación política e social senón o recoñecemento por parte da maioría parlamentaria que o Reino de España atentou na súa praxe xudicial a respecto das condutas desenvolvidas en Cataluña canda o procès e que esta praxe, que moitos alcumamos directamente de warfare ou uso anormal e desaquelado das ferramentas do Estado de Dereito, xustifica unha reparación extrardinaria por parte do Estado, insólita nas democracias europeas e que nunca sería xustificábel se o Estado de Dereito tivese funcionado a xeito na Cataluña entre 2014 e 2024.
3.- A amnistía non afecta aos intereses financeiros da UE xa que non houbo “un vínculo directo de conexión” entre os gastos do referendo do procès e mais os fondos investidos.
4.-A amnistía é aplicábel ás persoas acusadas-ben desaqueladamente- de actos de terrorismo (como os Comités na Defensa da República-CDR-), xa que a Directiva europea contra o terrorismo non contén ningunha disposición que prohiba expresamente o uso de mecanismos de extinción da responsabilidade penal, como a amnistía, sendo esta aplicación competencia de cada Estado Membro da UE, pois que a lei de amnistía exclúe os delitos graves contra a vida e contra a integridade física.
Cómpre salientarmos que este informe é a opinión non vinculante do AXUE, pertencendo a competencia de decidir unha sentenza, que será definitiva, ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE), malia que a opinión do AXUE adoite ser determinante, por se aquelar o seu ditame entre o 70 e o 80 por cento ás sentenzas definitivas do TXUE. Malia que cumpra dicir que con algunhas e-mesmo-notábeis excepcións como a da extensión dos efectos da nulidade das cláusulas hipotecarias de chan ao mesmo intre da sinatura contractual.
A sentenza definitiva do TXUE ha chegar ben axiña, quizais antes de febreiro de 2026. De se definir canda o ronsel do AXUE e, tendo en conta, a doutrina favorábel á amnistía da, até de agora única sentenza emitida polo Tribunal Constitucional (TC) todos os atrancos para a súa plena eficacia e, nomeadamente, para a volta do president Puigdemont resolveríanse de vez. Todas?
Todas menos unha, porque o Tribunal Supremo (TS) resolveu inaplicar a amnistía ao considerar que as persoas que condenou no 2019 pola sentenza do procès non incorreron na conduta da malversación impropia amnistiábel, senón na malversación propia non amnistiábel, do arrequecimento patrimonial (non se empobrecer personalmente ao lle poder imputar as despesas dos actos do procès á Facenda pública) que impediría a aplicación da lei de amnistía. Fronte esta absurda interpretación só o TC, pola vía do acollemento do/s recurso/s de amparo que se habería/n presentar, poderá furar de vez o derradeiro muro para a plena aplicación da amnistía decidida pola maioría parlamentaria estatal e, xa que logo, para a volta do president Puigdemont



















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



