Foz, 19 de novembro de 2025. O goberno municipal de Foz afirma que o BNG sigue ao PP e pretende bloquear o Concello.
“O equipo de goberno citou ao BNG a unha reunión previa á convocatoria da comisión de asuntos preparatorios do pleno coa documentación na que podían revisar os asuntos que se propoñían con tempo e facer as preguntas que necesitaran ao interventor. Coma sempre, o BNG non preguntou nada nin dixo nada. Iso si, en canto saíu o PP dicindo que votaba en contra o BNG foi detrás”, explica a voceira do goberno local socialista, Inés López Couto, que engade: “explicóuselles que unha vez se levaran as propostas para solucionar os gastos que quedaron sen pagar do 2024 e 2025 e coa explicación do propio interventor, que foi claro en que era conveniente facelo para non retrasar máis estes problemas, que se elaboraría o novo orzamento, no que están convidados a participar, polo que lles propoñemos traballar nisto”.
Ademais Inés López Couto indica que “este xoves é a comisión, e o pleno convocarase para o próximo martes, así que teñen tempo de propoñer algo construtivo. O que non vamos consentir é que establezan que hai gastos de primeira e de segunda, e que consideren que as empresas que fixeron traballos para o Concello e os seus empregados, son de segunda. Cando teñen sen pagar múltiples facturas de encargos que fixeron eles mesmos”.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



