Ribadeo, 23 de xaneiro de 2026. O alcalde, Dani Vega, fai un balance moi positivo do traballo realizado por Ribadeo ao longo destes días en Fitur.
O rexedor dixo: “última xornada de traballo aquí en Fitur, onde establecemos contactos co sector turístico, que é fundamental para seguir traballando nese turismo de calidade. Mantivemos reunións estes días que, como fixemos tamén o ano pasado, despois vense os froitos. Aproveitamos para promocionar o que temos, para divulgar o que somos, esa cultura viva presente, explicamos o que é Ribadeo, esa cultura permanente, ese turismo de calidade, ese recuncho no que a harmonía é perfecta co descanso e eu creo que debemos seguir nesa liña”.
Vega manifestou: “esa promoción, conxuntamente coa Mariña, que nosoutros xa hai dous anos quixemos poñer en valor as Canouras, esas persoas que facían os baños en setembro. Dende hai dous anos Ribadeo ven facendo esa actividade, con moita humildade, con moita responsabilidade, pero sempre poñendo en valor o que facían outras mulleres, que entendemos que poden ser un exemplo, tamén para convivir cos espazos naturais que temos en Ribadeo, e poñemos en valor a praia do Cargadeiro, que é un espazo magnífico, no que moitas persoas se bañan alía durante todo ano”.
O alcalde seguiu a relatar desde Fitur: “tamén eses espazos naturais que fomos recuperando durante estes anos, explicamos todo o que é Ribadeo. Hoxe tivemos un encontro co presidente da Xunta para agradecer a todas as Corporacións o traballo que fixeron durante estes anos. Ribadeo é turismo e evidentemente iso non se consigue en dous anos. Ribadeo é turismo porque cada unha das Corporacións fixo todo o posible para dinamizar e para potenciar o Ribadeo de descanso, o Ribadeo con vida todo ano, en definitiva ese Ribadeo de calidade, ese turismo de calidade que queremos. Agradecer que desde 1999, cando entrou o primeiro cartel promocional da praia das Catedrais aquí en Fitur, hoxe lembrámolo e agradecémoslle ao presidente da Xunta que se unira a ese agradecemento para todas as Corporacións e tamén a todo o sector turístico de Ribadeo, todos os profesionais, todo o sector que foi medrando, que foi mellorando e que se foi profesionalizando. Entre todos creo que fixemos un bo traballo. Tamén grazas a Acisa por toda a colaboración permanente que tivemos estes días e durante todo ano, evidentemente”.
Dani Vega subliñou que “Ribadeo deixou o pavillón alto, quedou unha boa imaxe, como é habitual de Ribadeo, e seguiremos traballando para que Ribadeo avance”.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


