Viveiro, 23 de xaneiro, 2026. O PSOE de Viveiro considera positivo que o Concello participe en Fitur e que se promocione o municipio como destino turístico. Con todo, a formación quixo aproveitar este momento para poñer en valor o intenso traballo desenvolvido pola Concellería de Turismo durante os últimos once anos, un labor “serio, constante e de campo” que, segundo destacan, foi determinante para situar Viveiro no mapa turístico.
Este traballo impulsouse desde a Concellería de Turismo, encabezada por Marisol Rey, e contou tamén coa implicación da daquela alcaldesa, a avogada María Loureiro, quen acudía ás feiras para traballar, establecer contactos con turoperadores, empresas e profesionais do sector.
O partido lembra que non se trataba só de Fitur, a feira máis coñecida, senón de numerosas citas nacionais e internacionais, incluídas feiras gastronómicas e especializadas, ás que Viveiro asistía nun momento no que ningún outro concello da Mariña o facía. Subliñan que non se acudía a gravar vídeos nin a facer publicidade, senón a realizar promoción real e efectiva, un traballo de campo que nos primeiros anos non sempre era visible.
Grazas a esa aposta decidida e continuada, Viveiro abriu camiño, e hoxe é unha realidade que outros concellos da comarca participen tamén nestas feiras, algo que o PSOE considera moi positivo porque permite promocionar A Mariña como un destino turístico conxunto, beneficiando a todo o territorio.
A formación socialista ve con bos ollos que se continúe acudindo a Fitur e a outras feiras, pero insiste en que é importante lembrar que Viveiro leva moitos anos realizando este traballo e que non se trata dunha novidade nin dunha primeira vez. “Hai un camiño moi importante xa percorrido, que permite dar continuidade a unha estratexia que está a ofrecer bos resultados”, sinalan.
O PSOE agarda que este labor se respecte, se manteña e estea á altura do esforzo realizado, lembrando que en turismo —como noutros ámbitos— os resultados chegan cando hai planificación, continuidade e traballo serio.
Finalmente, o partido subliña que, aínda que o turismo é un sector fundamental en Viveiro, non pode ser o único piar do futuro do municipio. Defenden que é necesario avanzar tamén en industria e emprego estable para que a veciñanza poida quedar a vivir na localidade. “Viveiro é un lugar excepcional para vivir, pero precisa oportunidades”, conclúen.
Turismo, si. Pero con industria, infraestruturas e futuro.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



