Riotorto, 29 de xaneiro de 2026. O BNG de Riotorto lamenta que o concello siga sen Hospitalización a Domicilio. A Xunta de Galicia anunciou nos últimos días unha ampliación da cobertura deste servizo a varios concellos do sur da provincia pero as veciñas e veciños de Riotorto -e tamén da Pontenova e da Ribeira de Piquín- seguen excluídos desta atención.
A formación nacionalista recorda que nos últimos meses rexistraron iniciativas no Parlamento de Galiza e impulsaron un acordo do pleno de Riotorto para reclamar este servizo, que permite prestar coidados hospitalarios no domicilio a pacientes que o precisan, entre outros casos, persoas con enfermidades crónicas complexas, anciás ou pacientes de oncoloxía.
A portavoz, Vanesa Gómez, critica que “Clemente Iglesias garde no caixón os acordos do pleno e permita que a Xunta de Galicia siga discrimando ás veciñas e veciños de Riotorto, que non poden recibir este tipo de atención en caso de necesitala. Chámanos a atención a forma en que a propia Xunta explicou a ampliación do servizo no sur, falando da xestión dos alcaldes. Non fixo Clemente Iglesias o seu traballo? O PP quita e pon recursos a golpe de interese electoral e tómanos o pelo a todas e todos? Ou as dúas cousas?”.
A concelleira nacionalista lembra que “o Partido Popular de Riotorto ponse de perfil sempre que se trata de reclamar melloras nos servizos sanitarios, como fixeron mentras a veciñanza se mobilizou para reclamar unha atención continuada e estable no centro médico”.
A este respecto, o BNG de Riotorto valorou a incorporación nestes días ao centro de saúde dunha facultativa, que obtivo a praza na Oferta de Emprego Público de 2025. A praza incluíse na convocatoria despois dunha importante mobilización veciñal, con concentracións diante do centro de saúde e unha recollida de sinaturas. A segunda praza de medicina familiar do centro médico segue sen estar cuberta.




















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



