Esta iniciativa contempla a execución dun cento de accións destinadas á posta en valor do legado patrimonial e cultural vinculado ao litoral galego
Santiago de Compostela, 5 de febreiro do 2026. A Consellería do Mar e a Universidade da Coruña seguen avanzando no desenvolvemento do Plan de Cultura Marítima de Galicia 2030 (Pcuma), que contempla a execución dun cento de accións destinadas á posta en valor do legado patrimonial e cultural vinculado aos oficios do mar. A responsable autonómica, Marta Villaverde, e o director do plan, Óscar Fuertes, mantiveron este xoves unha reunión de seguimento na que compartiron o avance dos traballos. Precisamente, no mes de decembro o Consello da Xunta aprobaba a addenda ao convenio asinado en 2021 coa UDC para o desenvolvemento deste Plan e a súa extensión ás illas galegas, o que eleva o investimento da Xunta ata os 314.844 euros.
Entre os traballos que se está a realizar, un dos mais relevantes é o censo do patrimonio marítimo inmoble coas testemuñas do patrimonio construído en relación aos oficios do mar existentes ao longo de toda a costa galega. Esta recompilación será presentada a finais de ano. A este respecto Villaverde puxo en valor a ampla variedade de bens inmobles e tamén de patrimonio inmaterial existentes en Galicia vinculados ao mar “é unha tarefa que debe implicar ao conxunto da sociedade, unha riqueza patrimonial, que tamén xoga un papel moi relevante na diversificación e dinamización económica das comunidades costeiras”.
Gracias á addenda firmada en decembro, o censo ampliarase aos elementos existentes nas illas Cíes, Ons, de Tambo, de San Simón, Cortegada, Lobeiras, Sisargas, de Sálvora e de Rúa.
Por outra banda, tamén se revisou os avances dos traballos para a posta en marcha dun xeoPortal para integrar, organizar e visualizar información xeográfica e patrimonial relativa ao litoral galego. Unha plataforma que permitirá non só visualizar os elementos inmobles do Censo, senón que tamén permitirá realizar un percorrido virtual polas Áreas Nai, é dicir, polo espazos marítimos nos que o pasado industrial está en completa sintonía coa contorna e que manteñen a identidade e memoria do que foron no seu día.
Estas actuacións son parte dos principais horizontes de traballo que recolle o Pcuma do que a Consellería do Mar é a principal entidade impulsora. Desde o 2023 o desenvolvemento do mesmo incluíu tamén diversas iniciativas divulgativas como a presentación á cidadanía do seu contido, a través de recursos off line, mesas redondas, a edición dun libro impreso e on line, a creación dunha páxina web e a súa proxección nas redes sociais.
Ferramenta pioneira
Presentado pola Consellería do Mar a finais do ano 2023, o PCUMA configúrase como unha base sólida para traballar na misión de conservación da cultura marítima da comunidade, situándose así como unha ferramenta pioneira e innovadora da que non hai precedentes noutros territorios.



















A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.



