Lara Méndez criticou que o Goberno galego desmantele o proxecto ideado para compensar a decisión de Fraga de desviar a A-8, que deixou illada A Mariña
Santiago de Compostela, 25 de febreiro, 2026. A deputada socialista Lara Méndez denunciou hoxe no pleno do Parlamento galego que a proposta que vén de presentar Rueda para o tramo da vía de alta capacidade Costa Norte á altura de Viveiro substitúe o proxecto orixinal “por unha pista asfaltada”. Tal como explicou, ese treito vai pasar de 18,86 quilómetros a só 10,45, co que se reduce a súa lonxitude en 8,41. A iso únese que o orzamento previsto, de 254,17 millóns, convértese agora nun de unicamente 62,68, é dicir, de 191,49 millóns menos.
Méndez criticou que esa “estafa” á veciñanza se materializase tras a “moción de censura fake” en Viveiro. “O que non está claro é se a Por Viveiro tamén o enganaron”, ironizou sobre o apoio da formación independente ao PP a cambio da construción dunha vía de altas prestacións que agora a Xunta non quere facer.
Censurou tamén que o proxecto da VAC, ideado para compensar a decisión de Fraga de desviar a A-8, que deixou illada A Mariña occidental e o Ortegal, permaneceu esquecido mentres gobernaba Viveiro o Partido Socialista. Segundo recordou, foron “anos de negativas, de ignorar, de non querer recibir a ninguén” para abordar o tema, e por enriba, a Xunta do PP obrigou ao Concello a incluír no Plan Xeral de Ordenación Municipal “o trazado imposto pola Xunta para a VAC”.
Porén, agora que o Partido Popular conseguiu facerse coa alcaldía, “renuncia á VAC, renuncia a unha mobilidade real, renuncia a solucionar os problemas estruturais de tráfico, renuncia á dinamización económica e social de toda unha comarca”, advertiu Lara Méndez, que sinalou un problema máis grave: o PP fai todo iso “sen medir o alcance legal de desenvolver o PXOM coa inclusión dese trazado da VAC”.
“Mentiron á veciñanza”, afirmou a parlamentaria do PSdeG sobre un treito que, no mellor dos casos, non se comezará a construír antes do 2028 pese ás présas coas que Rueda o anunciou. Méndez esixiulle á Xunta que desbote ese plan e retome xa o proxecto previsto de vía de altas prestacións como alternativa de paso ao casco urbano de Viveiro, pero tamén o seu desenvolvemento tal e como estaba planeada, entre San Cibrao e Ferrol, co fin de artellar as comunicacións do norte de Galicia.










Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



