Alfoz, 21 de marzo, 2026. O vindeiro domingo celebrarase en Mondoñedo a presentación da cuarta novela do escritor alfocés Lionel Rexes. As donas da noite, galardoada en 2025 co Premio “Balbino de Relatos” convocado por Edicións Fervenza, está dirixida ao público xuvenil, aínda que resulta acaída para lectores de todas as idades.
A obra aborda temas como a relación entre o mundo urbano e o rural, así como a chegada de persoas novas procedentes da cidade a contornas aldeás. A novela tamén reflexiona sobre a acollida de determinadas ideas e a comprensión das causas sociais no ámbito rural. A partir destas premisas, constrúese unha trama que segue a un grupo de catro universitarios que viaxan a unha aldea coa intención de planificar a creación dun sindicato estudantil. Na comarca contan coa axuda dunha persoa maior ca eles, que os guiará tanto ideoloxicamente como na descuberta dun universo descoñecido, complexo e por veces delirante.
A presentación terá lugar na Casa da Penela ás 12 do mediodía, un establecemento de turismo rural situado na parroquia mindoniense de Vilamor. Este espazo converteuse no lugar habitual onde Rexes dá a coñecer as súas obras, pois foi alí onde, de maneira casual, xurdiu hai dez anos a idea da súa primeira novela, A raíña das velutinas. O acto servirá tamén como lembranza daquela xornada arredor da memoria histórica que inspirou o autor.
Nesta ocasión, Lionel Rexes estará acompañado por Xulio R. Leiras —activista cultural e sindicalista mindoniense— e por Bernardo Penabade, profesor xubilado de lingua e literatura, impulsor do Proxecto Neo e da Escola para Neofalantes.
Obras de Lionel Rexes
• A raíña das velutinas (Xerais, 2017) – Premio “Lueiro Rey” de Novela
• A montaña do poeta (Xerais, 2022) – Premio “Lueiro Rey” de Novela
• Nove lúas (Ed. Embora, 2024) – Premio “Neira Vilas” de Novela
• As donas da noite (Ed. Fervenza, 2025) – Premio “Balbino” de Relatos
• O terceiro desexo (inédita) – Premio “Vilar Ponte” de Novela (2024)




















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



