Os populares lamentan que “os socialistas só atenden aos seus caprichos, non ás prioridades dos veciños e veciñas” e algúns exemplos son o despilfarro de millóns na piscina da Madalena cando xa existía un recurso acuático en funcionamento ou na rúa da Pravia con varios cambios de sentido fochancas e problemas de caídas”
Vilalba, 20 de marzo de 2026. O PP afea a intención do goberno local de PSOE e Vilalba Aberta de “desvestir un santo para vestir outro”. Os concelleiros populares cren que “é posible unha ubicación máis idónea para o proxecto da zona de ocio infantil sen eliminar prazas de aparcamento no Campo de Feira”.
Así, o PP vilalbés levará ao próximo pleno o cambio de ubicación deste proxecto impulsado pola alcaldesa sen ter en conta os prexuízos que provoca nunha zona que se empregaba como aparcamento. “Marta Rouco o que presentou foi un proxecto para eliminar prazas de aparcamento, sen aportar outra solución a esta necesidade”.
Os populares lamentan que “a alcaldesa presente un proxecto para facer ver que fai algo, pero que non se preocupe nin o máis mínimo en ter en conta as necesidades reais e a opinión da sociedade vilalbesa á hora de levar a cabo este tipo de cambios nos usos tradicionais dos espazos de Vilalba”.
Dende o PP local cren que “os socialistas só atenden aos seus caprichos, non ás prioridades dos veciños e veciñas” como son unhas vías de comunicación en bo estado para facilitar a mobilidade nas parroquias ou a prestación de servizos públicos básicos.
O PP de Vilalba lembra que “o goberno municipal despilfarrou millóns na piscina da Madalena cando xa existía un recurso acuático en funcionamento ou na rúa da Pravia con varios cambios de sentido, fochancas e problemas de caídas”.




















Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



