A Mariña, 23 de marzo, 2026. A CIG-Saúde de Lugo, A Mariña e Monforte denuncia a xestión ineficiente, irresponsable e restritiva que, segundo o sindicato, está a aplicar a Xerencia da Área Sanitaria de Lugo na subministración de materiais aos centros sanitarios. A organización sindical asegura que desde a área de Recursos Económicos —cuxo responsable último é o xerente da área— se está a desenvolver unha política de recortes e austeridade que afecta directamente ao funcionamento dos centros e á calidade da atención ás persoas doentes.
Segundo a CIG-Saúde, as traballadoras e traballadores de Atención Primaria e Hospitalaria levan tempo advertindo de que os materiais enviados son moi inferiores ás cantidades solicitadas. Ademais, denuncian que desde a Subdirección de Recursos Económicos se lles acusa de “pedir material en exceso para deixalo caducar”, algo que o sindicato cualifica de falso. Pola contra, aseguran que o persoal se ve obrigado a facer “malabarismos”: solicitar préstamos a outros centros, pedir cantidades superiores para recibir algo máis próximo ao necesario ou facer acopio para garantir existencias.
Denuncias por respostas inadecuadas e faltas de respecto
A CIG-Saúde afirma ter constancia de que, cando o persoal contacta co Subdirector de Recursos Económicos para resolver incidencias, recibe respostas inadecuadas, faltas de respecto, comentarios impropios e mesmo berros, sen que se dea solución aos problemas. O sindicato considera estes comportamentos “incompatibles co desempeño do cargo”.
Demoras en materiais para adaptación de postos de traballo
O sindicato tamén denuncia que este directivo demorou durante meses o envío de materiais derivados de informes de adaptación de posto emitidos polos servizos de prevención de riscos laborais, chegando nalgúns casos a tardar máis dun ano. A CIG-Saúde considera inadmisible esta situación, que —aseguran— pon en risco a saúde do persoal e incumpre os protocolos de prevención.
Responsabilidade da Xerencia
A organización sindical afirma que o xerente da área sanitaria é “coñecedor e cómplice necesario” destes procedementos. Por iso, a CIG-Saúde solicita:
• O cesamento inmediato destes comportamentos cara ao persoal.
• A reprobación pública da Xerencia ao directivo implicado.
• Unhas desculpas públicas ao conxunto das traballadoras e traballadores.
• E, se non hai rectificación, o cese inmediato do Subdirector de Recursos Económicos.
Proposta: planificación anual das necesidades reais
A CIG-Saúde considera que existe unha falta de planificación na avaliación das necesidades de material en cada centro sanitario. O sindicato reclama unha revisión anual individualizada, tendo en conta factores como:
• idade da poboación
• carteira de servizos
• demanda asistencial
• prevalencia de patoloxías crónicas e agudas
• características específicas de cada territorio
A organización esixe que a Xerencia implemente un plan anual de avaliación e subministración, centro por centro, para garantir que os recursos se axusten ás necesidades reais.
























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



