A cita incluirá probas hípicas, carreira de burros, premios especiais de gandería, sesión vermú, tardeo e un partido de fútbol feminino
Viveiro, Viveiro, 3 de maio, 2026. Galdo celebrará o vindeiro 10 de maio unha nova edición da Feira das Maulas, unha das citas máis singulares do calendario local, que propón un ambiente festivo, tradición e actividade arredor do mundo gandeiro e ecuestre. Ao longo de toda a xornada, veciñanza e visitantes poderán desfrutar dunha programación pensada para combinar participación, lecer e posta en valor dun evento con fonda pegada no municipio.
A feira abrirá ás 9.00 horas e, desde as 10.00 ata as 13.00 horas, permanecerá aberto o prazo de inscrición para as competicións no circuíto das carreiras, ademais de realizarse a medición dos cabalos na pista. A animación musical comezará ás 12.00 horas coa actuación dos Gaiteiros de Bagoas da Terra, mentres que a sesión vermú estará amenizada polo dúo Belinda a partir das 14.00 horas.
A partir das 16.30 horas, comezarán as competicións, un dos grandes atractivos da xornada, e ás 17.00 horas disputarase un partido de fútbol feminino no campo Trasvías de Galdo. A entrega de premios terá lugar ao remate das probas e a festa continuará con tardeo e música de novo da man do dúo Belinda.
A programación inclúe probas de andadura libre nas modalidades de serrada, chapeada e galope, así como categoría sub-16, carreira de burros e premios especiais de gandería ao maior número de cabezas de vacún e de equino. A organización repartirá premios económicos e trofeos nas distintas modalidades, reforzando o atractivo dunha feira que une espectáculo, participación e tradición.
Os interesados en reservar curros poderán facelo a través de WhatsApp no teléfono 698 161 653.
























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



