Ribadeo, 16 de abril de 2026. O Concello de Ribadeo, coa colaboración da Xunta de Galicia, Acisa e a Asociación Provincial de Cociñeiros de Lugo impulsa o proxecto Gastropraza, unha iniciativa de dinamización da Praza de Abastos que busca poñer en valor o produto local, a hostalaría e o comercio de proximidade a través dun completo programa de actividades gastronómicas, educativas e divulgativas. A primeira delas será este sábado, 18 de abril, a partir das 12:00 horas. O protagonista será o tofu natural.
A iniciativa, que naceu hai un ano, terá continuidade ao longo dos vindeiros meses, convertendo a Praza de Abastos nun espazo vivo de encontro, aprendizaxe e degustación, onde se levarán cabo actividades para estudantes, degustacións e obradoiros onde se poderán aprender e poñer en práctica estilos e receitas de cociña centradas no produto de proximidade e de calidade.
Entre as actividades programadas para este ano inclúense degustacións e obradoiros centrados en distintos produtos e estilos de cociña, coma un curso de elaboración de pan, outro de elaboración de queixos, un curso de cociña indiana e obradoiros de saúde alimentaria e nutrición.
Ademais, o programa incorpora actividades educativas dirixidas a centros escolares, co obxectivo de fomentar hábitos alimentarios saudables e achegar o alumnado ao produto de proximidade.
Concello e Acisa destacan que “o obxectivo é transformar a Praza de Abastos nun lugar vivo no que non só se compre produto fresco, senón tamén onde se elabore, se deguste e se poña en valor o traballo dos praceiros e produtores locais, reforzando así o tecido económico e social da vila”.
Gastropraza comeza este mesmo sábado, ás 12 da mañá, cun obradoiro sobre método de elaboración e receitas con tofu natural, un produto artesanal dirixido a todo tipo de público.
Na presentación da Gastropraza participaron o alcalde, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, e o xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez.





















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



