Burela, 12 de maio, 2026. O porto de Burela acolle esta semana as 33ª Xornadas Técnicas e o 27º Encontro Empresarial Expomar, organizados pola Fundación Expomar co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021‑2027.
Profesionais e entidades de referencia do sector pesqueiro a nivel galego, estatal e europeo reúnense en Burela para analizar os principais retos actuais da pesca e debater sobre o futuro do sector.
A inauguración das Xornadas 2026 terá lugar no salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela —tamén accesible en directo a través de expomar.com— coa presenza da conselleira do Mar, Marta Villaverde; o director general de Pesca Sostenible do MAPA, Ramón de la Figuera; e a presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López.
Tres mesas de debate o xoves pola mañá
A sesión matinal incluirá tres mesas centradas nas grandes preocupacións do sector:
Xestión pesqueira, con Javier Garat (Cepesca e Europeche), Torcuato Teixeira (Federación Nacional de Cofradías) e Ramón de la Figuera (MAPA).
Futuro, relevo xeracional e formación, con Francisco González (EONP Xixón), Ángeles Vázquez (Xunta de Galicia) e Manuel Pablos López (MAPA).
Sostibilidade, socioeconomía e consumo, coa participación dos catedráticos da USC María Bastida e Gumersindo Feijóo, e da nutricionista Adriana Fernández.
Sesión de tarde
A partir das 15:30 horas, a directora general de Marina Mercante, Ana Núñez, presentará o traballo da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo.
As Xornadas Técnicas pecharanse cunha mesa inédita sobre “A pesca no Parlamento español”, coa intervención dos deputados galegos Rosa Quintana (PP), Patricia Otero (PSdeG‑PSOE) e Néstor Rego (BNG).
A xornada estará conducida pola comunicadora da TVG Lucía Rodríguez.
27º Encontro Empresarial
Como antesala das xornadas, o mércores 13 de maio pola tarde celebrarase nas instalacións de Armadores de Burela o 27º Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras, no que entidades galegas, españolas e europeas analizarán os retos estratéxicos da pesca.
As conclusións deste encontro —as “Conclusións 2026”— faranse públicas ao día seguinte, coincidindo co inicio das Xornadas Técnicas.




















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



