O programa estrea novos materiais lúdicos: unha nova edición do libro “Os Bolechas viaxan da Escola á Granxa” e O Xogo da Pita Choca
Lugo, 15 de maio de 2026. O programa da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo Da Escola á Granxa financiará na súa quinta edición 210 actividades formativas en granxas e producións agroalimentarias da provincia, nas que participarán máis de 6.000 nenas e nenos de 74 centros educativos.
O deputado Daniel García achegou estes datos sobre a quinta convocatoria do programa nun encontro que mantivo con representantes das 45 granxas e proxectos de emprendemento no rural que participan nesta edición do programa, pioneiro no momento da súa posta en marcha e referente para institucións públicas e privadas.
O acto, que contou tamén coa presenza de asociacións gandeiras que veñen colaborando activamente co programa – Asoporcel, Boaga, Ovica, Puraga, Avimós, a Asociación Galega de Apicultura ou Casa do Mel de Goente -, de Silvia Rodríguez, reprsentante da Fapacel e co debuxante Pepe Carreiro, serviu para coordinar as actividades a desenvolver durante os vindeiros meses, que teñen como obxectivo común transmitir ás xeracións máis novas a importancia do rural para a produción de alimentos e á conservación do territorio.
As actividades -nas propias granxas ou obradoiros nos centros- comezarán a desenvolverse a finais deste mes, dacordo co calendario acordado entre granxas e centros educativos. A área de Rural financia os desprazamentos e as actividades con axudas directas ás anpas, que reciben entre 300 e 1.100 euros por cada actividade.
O deputado agradeceu a colaboración e implicación de todas as granxas que participan no programa, que definiu como “unha aposta polo futuro, polas xeracións de nenos e nenas” que, explicou, teñen a oportunidade de achegarse “ao rural real” a través dunha rede de granxas que “sodes referentes de emprendemento, traballo e compromiso con este país”.
O responsable de Rural destacou que “ estamos recuperando o orgullo de ser agricultor e gandeira, rachando con auto-estigmas arrastrados por xeracións enteiras en torno aos prexuizos sobre a vida no rural. Consolidamos un programa formativo que era moi necesario dende fai moito tempo en Galicia”, dixo tras repasar a traxectoria da iniciativa, que se puxo en marcha en 2022.
O programa aumentou de forma progresiva a súa cobertura: das 25 granxas e 70 actividades desenvoltas en 2022 e ata as 45 granxas e 212 actividades previstas neste 2026. Ao longo das cinco edicions, contabilízanse 750 actividades nas que participaron máis de 26.000 nenas e nenas de infantil e primaria.
Ao tempo, deuse tamén un fortalecemento cualitativo da iniciativa: Da Escola á Granxa creou arredor de si unha rede de granxas e proxectos de emprendemento rural distribuídos por todo o territorio da provincia que exemplifican a potencialidade dun sector agrogandeiro que aposta pola produción de calidade, maiormente ecolóxica, con diversificación produtiva, proxectos familiares sostibles e comprometidos co territorio e co futuro do país fronte a outros modelos.
Novos materiais lúdicos
O programa estrea neste edición materiais lúdicos, que se distribuíron hoxe entre as granxas participantes e que recibirán tamén as 74 asociacións de nais e pais que participan no programa.
Trátase dunha nova edición do libro “Os Bolechas viaxan da Escola á Granxa”, unha publicación que se renova cada ano para incluir como personaxes do conto aos granxeiros e granxeiras que se incorporan de novo ao programa Da Escola á Granxa. O debuxante Pepe Carreiro, encargado de “bolechizar” as gandeiras e gandeiros, recibiu un recoñecemento durante o acto.
A outra novidade do programa en canto a recursos lúdicos é O Xogo da Pita Choca, un xogo de mesa que conta cun taboleiro en espiral, de 63 casiñas numeradas, ilustradas con animais e alimentos que se producen nas granxas que participan no programa Da Escola á Granxa.
Granxas Participantes: 2026
As granxas e producións agroalimentarias que se incorporan ao programa este ano son a queixaría Bisqato de Guitiriz, a granxa ecolóxica Finca Agroecolóxica O Balado de Ribadeo, que cultiva produtos de horta e froiteiras e cría coellos e ocas e patos, a Gandería Feral de Outeiro de Rei, que cría porco celta, as producións apícolas Mel Casa da Torre de Cervantes, Mel das Fadas de O Incio e O Espírito da Colmea de Antas de Ulla e O Muíño de Coea de Castro de Rei, dedicado á elaboración de fariña e á cría de Galiña de Mos e Piñeira.
Súmanse a outros proxectos que xa recibiron visitas na pasada edición: A Horta da Sancoveiga de Vilalba, dedicada ao cultivo de horta e avicultura ecolóxica, Agroalimentaria Laurentina de Lourenzá, de horta e árbores froiteiras, as granxas de vacún autóctono en extensivo Cachenas Cas Fidalgo de Taboada e Cachenas de San Breixo de Triacastela, as gandarías de leite Gandería Castelo SC de A Pastoriza, Gandería Cid de Barreiros e Os Arroxos SL de Castro de Rei, a produción de mel Pingas de Gaia de Vilalba, as granxas en ecolóxico e con diversificación produtiva Casa Benito do Incio e Gandería Docampo de Castroverde, a produción de horta e conservas Ribeiregas de Negueira de Muñiz e a granxa de razas autóctonas da asociación Fogares Lar Muimenta, en Cospeito.
Tamén repiten Cooperativa A Carqueixa (ganderías IXP Tenreira Galega) de Cervantes, Casa da Fonte (produtos lácteos con pastoreo en extensivo) de Ferreira de Pantón, Airas Moniz (queixaría e lácteos artesáns) de Chantada, Arqueixal (queixaría e lácteos ecolóxicos) de Palas de Rei, Casa Bértolo SC (agricultura e gandaría sostidas pola comunidade) de Friol, Caurelor (castañas, marmeladas e mel) de Quiroga, Champivil (envasado de produtos autóctonos e naturais) de Vilalba, Daveiga Galletas Mariñeiras de Chantada, El País del Abeyeiro (apicultura tradicional e ecomuseo) de Negueira de Muñiz, Embutidos Suarna de Navia de Suarna, Gandería Alejandro Salvatierra (gando en extensivo) da Pontenova, Gandaría Ana Pérez Boo, (gando ovino extensivo en pastoreo) de Abadín, Granxa Aeiroá (granxa avícola e ovella galega) de Láncara e Granxa Angus do Campo (gando vacún angus en extensivo e ecolóxico) en Castroverde, Granxa Teixeiro e Pistón (cabrún e cabalar en extensivo) de Becerreá, Mantoño Holstein (gando vacún leiteiro extensivo) en Barreiros, Milhulloa (herbas medicinais e cosmética) de Antas de Ulla, Muvicla (museo de maquinaría agrícola, gando vacún e mazás en ecolóxico) de Láncara, O Trobo (museo de mel e produción apícola) do Valadouro, SAT O Palomar (vacún leiteiro) de Láncara, Sen Máis -As Vacas da Ulloa (leite e lácteos ecolóxicos) de Palas de Rei, Terras da Mariña (produción de Faba de Lourenzá) de Lourenzá e Traloagro (gando vacún e avícola ecolóxico) de Friol, Tres Fuciños (cooperativa de porco celta) de Carballedo, ademais de Tropic Gaia, que impartirá obradoiros de horta e plantacións nos centros escolares, e ADEGA, que ofrecerá obradoiros de educación ambiental nos colexios.



















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



