Madrid, 18 de maio, 2026. O senador socialista César Mogo acusou ao PP de cometer “tres torpezas en catro días” en relación coa A-8 ao seu paso polo Fiouco. “O venres en Vilalba confundiron a propiedade das casetas dos camiñeiros e esixiron ao Goberno o que é responsabilidade da Xunta; o domingo o senador Balseiro anunciou a defensa dunha moción nunha comisión que nin sequera se convocou; e o luns rexeitaron un acordo do Senado para axilizar a instalación dunha baliza láser no Fiouco. Non se pode meter a pata máis en menos tempo”, afirmou.
Mogo destacou que o Goberno de Pedro Sánchez converteu o tramo do Fiouco na zona máis monitorizada e sometida a controis de seguridade de todas as autovías españolas. Entre as actuacións realizadas desde 2018, citou:
12 novos carteis de alta reflectancia
58 sinais verticais
6 mangas de vento
3 novas estacións meteorolóxicas
Cámaras de vixilancia
Calizas intelixentes antinéboa que se activan ao paso dos vehículos
Rehabilitación estrutural do firme na N-634
O senador lembrou que “a situación era lamentable” durante os gobernos de Mariano Rajoy, cando “non se fixo nada fronte á persistencia da néboa” e cando se produciron “os accidentes máis graves”. Engadiu que o PP no Parlamento de Galicia “votou en contra de medidas inferiores ás que están instaladas hoxe”.
Segundo os datos que expuxo, a operatividade da A-8 no Fiouco é actualmente do 99,79%, con só 18 horas de corte no que vai de 2025, fronte ás arredor de 700 horas anuais de peche durante gobernos do PP.
Mogo cualificou de “pura demagoxia” a moción presentada polo PP no Senado e criticou que os populares rexeitasen unha proposta socialista para instar o Goberno a axilizar a instalación dun sistema de balizamento láser, que complementará o dispositivo xa existente.
“O PP segue instalado en xerar alarma, e iso é imperdoable porque xoga coa seguridade das persoas”, afirmou. Engadiu que o balizamento láser “é a última actuación dun proxecto que vela pola seguridade no Fiouco e instalarase o máis axiña posible”. Concluíu asegurando que “co PP non se fixo nada, e por iso agora recorren á manipulación e á mentira”.



















A actividade estivo guiada por Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, quen impartiu unha charla sobre a xestión do ánimo. Foi un encontro pensado para aprender a relaxarse, fomentar o pensamento positivo e coidar a saúde emocional. A iniciativa contou co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Nesta edición interpretará obras de Haydn e Chopin, ademais de presentar composicións propias nun programa íntimo e especial que xa se converteu nun encontro imprescindible cada ano. Ao rematar, ofrecerase un brinde e aperitivo para todos os asistentes. As entradas están á venda e pódense reservar no teléfono 644 69 42 80.
O alumnado vén de rematar uns fermosos reloxos personalizados, elaborados con dedicación, creatividade e moita ilusión. Unha nova manualidade feita coas súas propias mans que volve poñer en valor o talento e o entusiasmo que se respira nestes talleres. A actividade desenvólvese cada venres na Casa do Mar de San Cibrao, en colaboración con Saúde Mental A Mariña. A concelleira de Muller e Igualdade, Pilar Armada, participa habitualmente nas sesións, onde comproba de primeira man o bo ambiente de convivencia, aprendizaxe e benestar que caracteriza este espazo. Un lugar de creatividade e participación que continúa medrando día a día.
As actividades desenvólvense durante esta fin de semana na capela e a área recreativa do alto da Grela, que acollen os actos litúrxicos e a romaría respectivamente, con animación musical, verbena e un espectáculo infantil entre outras propostas.
Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
Os Bombeiros de Vilalba excarceraron ao condutor ferido que quedou atrapado no interior do vehículo. O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 16:20 horas desta tarde. Un particular informaba a esa hora dun coche envorcado na LU-P 6501, quilómetro 40 en Rioaveso, ao seu paso por Cospeito (Lugo). Indicaba que no interior do vehículo había unha persoa ferida, consciente pero que non podía saír. Con estes datos, os xestores do 112 pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vilalba, á Garda Civil de Tráfico e ao persoal de mantemento da vía.Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron a excarceración do ferido para posteriormente ser trasladado polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Trátasde dun grupo coñecido pola súa posta en escena humorística e teatral, que combina música tradicional con estética de taberna e espírito festivo. O evento celebrarase o 22 de maio ás 23:00 horas na Rúa do Cobo nº 18, cun prezo de entrada de 5 euros. As persoas asistentes están convidadas a traer instrumentos para sumarse á foliada. A actividade conta con presenza en Facebook, Instagram e TikTok, onde se pode seguir a programación e novidades do espazo.



