A Mariña, 20 de maio de 2026. A implicación da poboación local é clave no desenvolvemento dun modelo turístico sostible no territorio. Baixo esta premisa a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense activou, no contexto do Plan de Sostibilidade Turística e máis concretamente na campaña de comunicación interna A Mariña Latexa contigo, un espazo aberto no que a cidadanía e os axentes do sector puideran achegar a súa opinión sobre o turismo no destino.
Os resultados da enquisa, publicados en aberto na web da Mancomunidade, indican que preto da metade dos participantes considera os beneficios económicos como a principal achega do turismo ao territorio, por razóns de xeración de emprego e de ganancias para o comercio local, o sector gastronómico e o hostaleiro. Os motivos sociais e culturais son o segundo beneficio que lle ven ao turismo, xa que pensan que dinamiza os pobos, reporta riqueza cultural e fomenta o orgullo propio, ademais de que pode atraer xente cara ao interior da comarca e mesmo contribuír a fixar poboación. E xa a continuación, como outros dos beneficios do turismo, os participantes mencionan que axuda a promocionar a comarca e os seus produtos a nivel nacional e internacional; a mellorar as infraestruturas de comunicación e a hostalaría; e a poñer en valor o patrimonio.
Nesta liña, a enquisa tamén recolle que o 53% da poboación está de acordo en que os impactos positivos do turismo superan aos negativos. Un 21% amósase neutral ante esta afirmación e un 26% non comparte que os impactos positivos sexan superiores aos negativos.
Retos e ameazas
Como é natural, un sector tan transversal e complexo como o turístico plantexa tamén unha serie de problemáticas e desafíos no territorio, especialmente coñecidos pola poboación local. Así, consultados sobre as problemáticas derivadas da actividade turística na Mariña, o 35% dos participantes na enquisa consideran que as infraestruturas e os servizos públicos resultan insuficientes para atender á demanda dos visitantes. En concreto, apuntan cuestións tan concretas como o colapso das estradas e aparcadoiros; os problemas de abastecemento de auga e o tratamento das augas residuais; a saturación e contaminación nas praias; a xestión de residuos; e mesmo a sensación de “invasión” ou falta de respecto.
Outro 25% das persoas participantes sinalan directamente á masificación do destino, vinculada á súa alta estacionalidade, mentres que o 14% fai referencia aos efectos que o turismo causa na vivenda, como a escaseza de oferta, os prezos elevados ou as dificultades para alugar durante un ano completo. Outros problemas como a degradación do medio ou o maltrato á paisaxe son tamén preocupacións da cidadanía.
E plantexadas as problemáticas tamén se abordaron os retos de cara ao futuro. Neste punto, o reto máis sinalado polas persoas que participaron na enquisa foi o de mellorar e ampliar as infraestruturas, servizos públicos e transportes, que ocupou o 29% das respostas; seguido da consecución dun turismo sostible, eficaz, desestacionalizado, respectuoso e de calidade, que foi mencionado polo 21% dos participantes.
Mostra
Participaron nesta enquisa un total de 102 persoas, das cales o 89% non traballan no sector turístico. Excepto de Trabada e Ourol, recolléronse opinións de todos os concellos da Mariña, sendo Foz, Viveiro, Alfoz, Mondoñedo e Burela os que tiveron máis participación. Máis do 80% de participantes ten entre 26 e 65 anos; outro 12% son persoas de menos de 26 anos e os maiores de 65 anos representan o 7% das enquisas.
Este espazo de opinión continúa aberto para seguir a recoller achegas sobre este tema e coñecer a opinión da poboación local e dos axentes do sector sobre o turismo no territorio.
Enlace para acceder á información completa:
https://amarinalucense.gal/gl/a-marina-latexa-contigo
A campaña A Mariña latexa contigo e este espazo de participación cidadá enmárcanse no Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense, cofinanciado pola Secretaría de Estado de Turismo, a Axencia de Turismo de Galicia e a propia Mancomunidade.
Enlace para participar na enquisa:
https://forms.gle/ZXr9SeRS4DQo3EM96






















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



