Billón. Hai non tanto tempo era unha palabra que non se usaba, descoñecida na práctica. Hoxe é coñecida, pero confusa. Polo seu significado, polo a que se aplica, e pola carencia de imaxinación para ter unha imaxe na nosa cabeza.
Primeiro, o significado. Por estas terras, ‘de sempre’, un billón foi igual a un millón de millóns, e segue a selo. Pero, por tradución dalgún lugar e lingua no que é interpretado como un milleiro de millóns, atópome cando digo ‘billón’ coa necesidade de especificar a que billón me estou a referir. Que por certo, sempre é ó ‘noso’, ó que se chama ‘escala longa’. A ‘escala curta’ sería na que 1 billón = mil millóns, e na que 1 trillón = un millón de millóns; a ‘nosa’, a ‘escala longa, iguala 1 billón a 1 millón de millóns, e 1 trillón a un millón de millóns de millóns. E que conste, parece que a nivel mundial, pouco a pouco o significado que se vai adoptado de xeito maioritario vai variando ó ‘outro’, ‘o que non é noso’…
O segundo, polas cousas ás que se aplica. A súa aplicación, dado que é difícil atopar cantidades tan grandes para contar, comezou na ciencia, lonxe das preocupacións e contabilidades máis comúns. Aínda que hai xa tempo que comezou a aplicarse na economía da man dos estadounidenses e os seus billóns que son unha milésima parte dos nosos billóns, e polo tanto, algo máis doados de acadar en cantidade de dólares ou euros.
O terceiro. Alguén se pode imaxinar un billón de pedras ou de grans de area, por poñer un par de exemplos? Postas nunha pila, como sería de grande? E se a cantidade a poñemos en moedas de un euro? Caberían na túa casa? Pódese facer as contas, pero a bote pronto, non creo que ninguén que estea a ler isto se poda facer unha imaxe da pila ou de se caberían as moedas ou non na casa. Por certo, a resposta e non, un capital de un billón (galego) en moedas de euro non cabería na túa casa (e non sei cantos metros cadrados ten!).
A finais do século pasado escribín un artigo titulado ‘Bill Gates mercará A Mariña’ (republicado en dixital en marzo de 2006). Daquela, o tal Bill era o multimillonario de referencia, igual que agora o é Musk. Daquela, no artigo, negaba que o fora facer, aínda que afirmaba a posibilidade pola cantidade de cartos que tiña. A cuestión era que a porcentaxe do seu capital que tería que inverter era demasiado grande para que o fixera. Hoxe, con Elon Musk e o seu capital -equivalente ó que ten o conxunto dos 4 000 000 000 millóns de persoas máis pobres do planeta-, xa non me atrevería a negar a posibilidade de compra. Aínda que as posibilidades sexan poucas, sinxelamente porque considere que non lle paga a pena: non lle fai falta. E de seguro tampouco lle faría falta mercala para desfrutar dela como amo e señor por riba da lei (parecido ó Gates ó que me refería hai trinta anos, pero con máis contundencia aínda). E é que podería entregar máis de 15 millóns de euros a cada un dos 70 000 mariñáns, da pequena Berta á centenaria Mercedes, e aínda quedar con capital abondo para non ter que traballar o resto da súa vida (no 2006, Bill Gates só podería entregar uns 800 000 € a cada un). Os tempos cambiaron dende que lle adiquei o artigo ó capital de Gates: o aumento de capital anual dos multimillonarios soe andar por porcentaxes de dúas cifras ben cumpridas, mentres que a xente de a pé dámonos cun canto nos dentes se aumenta algo… Así medran as diferenzas.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.



