A cíclica e devastadora traxedia dos incendios forestais en Galicia non é unha fatalidade meteorolóxica ineludíbel, senón a crónica dun fracaso político e operativo cronificado. A vaga de lumes que dende o pasado 12-X azouta o noso territorio -deixando xa un balance de máis de 630 ha. calcinadas en Padrón, Boborás e Xermade- volve por de diante a alarmante falla de estratexia e a pasividade indolente da Consellaría do Medio Rural. Nun contexto de emerxencia climática evidente, onde o noso monte sufriu unha perda drástica de humidade do 50% en só catro meses e as temperaturas superaron os 35 graos no interior do país, o Goberno galego de Alfonso Rueda non foi quen a reaccionar con solvencia. A escusa burocrático-burrocrática de que o período oficial de “alto perigo” non se activa até o 1 de xullo amosa unha devala de responsabilidade clamorosa: o dispositivo de extinción atópase traballando a medio gas, sen o 100% dos seus efectivos dispoñíbeis sobre o terreo, mentres o satélite Copernicus alerta de focos activos e o país comeza arder polo sur.
Este escenario de desamparo noutrora evitábel provén directamente da clamorosa omisión de plans de restauración e prevención logo da catástrofe histórica de agosto de 2025. Nese fatídico verán, só a provincia de Ourense viu como o lume devoraba 56.145 ha, co macroincendio de Larouco como triste fito ao superar as 30.000 ha. arrasadas. Que fixo a Consellaría desde entón? A realidade dos feitos dinnos que a falla de obras de restauración hidrolóxico-forestal deixou o solo desprotexido diante das riadas invernais na zona oriental ourensá, mentres toneladas de madeira morta e biomasa seca seguiron abandonadas no monte. Esta flagrante falla de rozas e de ordenamento do medio converteu as áreas xa danadas no combustíbel perfecto para este 2026. Fronte isto, a propaganda oficial da Xunta escúdase na cifra de 213 M€ orzamentados e no deseño de sofisticados programas informáticos de Intelixencia Artificial como Spigal ou Alume. Porén, ningunha aplicación móbil nin ningún algoritmo poden substituír á falla de operatividade real de brigadas humanas nin ao xuízo crítico na xestión do territorio.
O fracaso na xestión do Goberno galego adquire unha dimensión humanamente dramática cando analizamos a vertente socioeconómica e a sufocante lentitude na chegada dos fondos ás familias damnificadas. As axudas directas para os particulares afectadas pelo Decreto autonómico 76/2025 atópanse nunha situación de parálise inaceptábel. O 27-M, no noso Parlamento, BNG e PsdeG fixéronse eco do queixume desesperado de centos de fogares vulnerábeis en Larouco, Oímbra ou Chandrexa de Queixa que, logo de se pechar o prazo de solicitude en novembro de 2025, seguen hoxe sen recibir un só euro nas súas contas para arranxar os danos en vivendas e bens mobles. Mentres a veciñanza agarda sumida na precariedade, a burocracia autonómica pon de escusa a lentitude das peritaxes, que haberían estar dispoñíbeis hai moitos meses. Galicia non pode aturar unha Consellaría de Medio Rural forte na propaganda electoral, mais neglixente, incompetente e pasiva á hora de defender os nosos montes e de protexer materialmente á nosa cidadanía. Actuar con dilación diante do lume e con mesquindade diante do sufrimento das nosas parroquias non é gobernar; é dimitir das obrigas máis elementais que definen de seu o noso autogoberno.
Para superarmos este colapso, urxe artellar alternativas dende un patriotismo intelixente e transformador. Comezando por unha reforma forestal que obrigue por lei á mobilización do solo abandonado, pondo couto ao monocultivo do eucalipto e á especulación. Do mesmo xeito, Galicia ha transformar o SEAGA nunha empresa pública de xestión ambiental que garanta a estabilidade de todo o persoal de extinción durante os doce meses do ano, profesionalizando o coidado do monte. Esta reestruturación habería de se alicerzar na nosa singularidade xurídico-territorial, outorgando competencias directas ás Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) para a xestión integral das franxas de seguridade arredor das aldeas e infraestruturas do seu ámbito, convertendo o tecido veciñal no primeiro escudo contra as lapas. Alen diso, a sustentabilidade do sistema esixe a creación dun fondo de compensación ambiental permanente financiado con impostos específicos ás grandes distribuidoras enerxéticas que hoxe espolian o noso rural.
Protexer a Terra dende a soberanía é a única vía para que Galicia non veña ser cinza.




















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



