A Mariña, 22 de xuño de 2026. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense participou o pasado venres, 19 de xuño, no foro celebrado en Ribadeo baixo o nome de España Verde: un destino de calidade, impulsado a través da colaboración entre Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco, co apoio da Xunta de Galicia. A Mancomunidade estivo representada pola xerente do Plan de Sostibilidade Turística da Mariña Lucense, Tania Hermida.
O foro concíbese como un punto de encontro para analizar o papel dos territorios da España Verde (Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco) ante os retos climáticos, os novos modelos turísticos e os desafíos que estes implican para os territorios e as comunidades locais. Así, reuniu no Real Club Naútico de Ribadeo a representantes institucionais, profesionais do sector turístico e axentes estratéxicos vinculados ao turismo, á sostibilidade, á artesanía, á calidade alimentaria e ao Camiño de Santiago.
A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense estivo representada pola súa axente de desenvolvemento turístico e xerente do Plan de Sostibilidade Turística, Tania Hermida, quen abordou na súa intervención o traballo que vén realizando a entidade para promover na Mariña un modelo turístico de calidade, que xere valor para as persoas que nos visitan, pero tamén para a comunidade local, acadando un equilibrio beneficioso e enriquecedor para todos os axentes do sector. Para Tania Hermida “a sostibilidade é o factor clave ao que deben aspirar os destinos á hora de desenvolver o seu modelo turístico e o único modelo que pode garantir o futuro do sector e a protección das comunidades locais”.
Tal como explicou Tania Hermida, desde a Mancomunidade está a impulsarse a transformación turística do territorio, a través do PST e doutras liñas de cofinanciamento como convenios anuais, poñendo como base o respecto e o valor da identidade, convertendo os valores locais nun dos maiores atractivos para as persoas que se achegan ata A Mariña.
Turexpo
Noutra liña de temas, desde a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense valorouse moi positivamente a súa recente participación na feira de turismo TUREXPO Salón Turístico de Galicia 2026, que se celebrou do 4 ao 7 de xuño durante a Semana Verde na Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda. A Mancomunidade participou por primeira vez nesta feira e fíxoo cun stand propio no que mantivo encontros de traballo con axentes do sector e atendeu ao público visitante.
TUREXPO chegou este ano á súa 48º edición convertida nun punto de encontro principal no noroeste peninsular, cunha gran capacidade para xerar negocio, interacción e información sobre o sector turístico, tanto a nivel nacional como internacional. Máis de 100.000 persoas visitaron a feira nos seus catro días de apertura, que bateu nesta edición o récord de participantes, con 129 empresas e destinos, nun espazo expositivo de 1.634 metros cadrados.
O stand da Mariña estivo atendido por persoal técnico da Mancomunidade e guías oficiais do territorio, que ofreceron información completa ás persoas que se interesaron polo destino, e que aproveitou tamén para establecer sinerxias con outros axentes do sector, co obxectivo de consolidar o destino.
No marco desta feira, a Mancomunidade buscou captar mercados de interese para o destino promovendo estadías principalmente fóra de temporada e vinculadas a súa enorme riqueza cultural e natural, dous valores turísticos claves da Mariña. Así mesmo, a entidade difundiu as múltiples posibilidades que ofrecen os seus municipios para o turismo activo, de natureza, aventura e deportivo, sen deixar de lado a gastronomía ou a artesanía, outros dos seus piares básicos.




















O cambio resulta necesario porque a instalación das atraccións impide o paso dos camións de recollida por estes puntos. O contedor situado na Travesía Granxas trasladarase á avenida de Vilalba, mentres que o instalado na rúa Antonio Roca pasará á rúa Suasbarras. Ademais, o Concello reforzará a dotación de contedores no Campo da Festa e no Campo da Pascua, onde se colocarán máis unidades para atender o incremento de residuos previsto durante a celebración. Desde o Concello agradécese a comprensión á veciñanza polos cambios realizados e lémbrase a importancia de depositar os residuos nos contedores situados nas novas localizacións, co fin de facilitar o correcto funcionamento do servizo de recollida.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.



