O Vicedo, 22 de xuño, 2026. “Unha festa para gozar coa lingua!” é o lema do Festival que se celebrará no Teatro das Cortes, no lugar do Xestoso, en Cabanas (O Vicedo), os días 27 e 28 de xuño. Organizan a Asociación Volta e Dalle e mais a Escola Semente de Lugo.
Despois do éxito da primeira edición, este verán o Festival abre as súas portas —con xenerosidade e alegría— ás familias e adolescentes que queiran vivir unha festa diferente, coa infancia e a mocidade como protagonistas. O obxectivo é abrir camiños desde a simpatía, a música, o teatro, a natureza e a sorpresa.
O Teatro das Cortes é unha iniciativa sociocultural da Asociación Cultural Volta e Dálle que busca facer cultura na aldea. Nos últimos tres anos impulsou música, teatro, fotografía e cine nun espazo autoxestionado que xa é un referente cultural da Mariña e que atrae público de toda a provincia.
Programa do Festival
Sábado
11:30 h – Mesa redonda sobre lingua e infancia.
A continuación – Obradoiro “Aprende a regueifar en 50 minutos”, impartido polas regueifeiras adolescentes do Regueifa Tour.
13:30 h – Espectáculo de títeres “A filla do Cachirulo”, con Mirari Urruzola.
17:00 h – O grupo de teatro da Asociación Son D’Aldea (Palas de Rei) presenta A BENVIDA, un roteiro teatral polos arredores do Teatro das Cortes e diferentes espazos da aldea do Xestoso.
Dentro do programa da Deputación de Lugo “Un gusto de rural, un rural de gusto”, a rapazada degustará bocatas de porco celta.
18:30 h – O grupo ReGueiZeta, regueifeiros de 9 e 10 anos da Escola Semente, subirán ao remolque dun tractor Barreiros no prado do Teatro das Cortes para unha festa de improvisación oral.
20:00 h – Os autómatas da compañía Trécola encherán o teatro de curiosidade e sorpresas.
Peche da xornada – Concerto de Uxía Senlle e Sérgio Tannus.
Domingo
O día comeza cunha mesa redonda de adolescentes sobre “Lingua e mocidade”, onde falarán da súa participación en proxectos como Equipas de Dinamización, asociacionismo do tempo libre ou o movemento da Nova Regueifa.
Ao longo da xornada haberá:
Obradoiro de sketching e banda deseñada con Cristian Caruncho.
Encontro regueifeiro con Nuria Penas e Cristian de Burela.
Festival de Talentos Diversos, con violinistas, acordeonistas, gaiteiros e maxia.
O Festival rematará cun concerto que abre o grupo de improvisadoras Regueifa Tour e continúa coa formación de punk-rock de raíz Punk’on Keixo.
ATENCIÓN: reservas para o xantar
Para reservar o xantar do sábado ou do domingo é imprescindible enviar un correo a voltaedalle@gmail.com antes do 24 de xuño ás 00:00 h.
Menú dispoñible:
Racións
Hamburguesas
Bocatas quentes
Opción vegana de Galipizza
O Festival da Lingua Moza conta co apoio da Área de Cultura e Medio Rural da Deputación de Lugo e da empresa Deleite.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



