Ameijide recorda que este Museo “ten un gran valor cultural” ao poñer de relevo a tradición mariñeira recollendo a historia de pescadores e pescantinas, navegantes e cazadores de baleas, redeiras e carpinteiros de ribeira, pero tamén a biodiversidade do medio marítimo
Lugo, 26 de xuño de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular defenderán no vindeiro pleno unha moción para instar á Deputación a ampliar o Museo Provincial do Mar, situado en Cervo.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explica que propoñemos un acordo que “non debería de xerar desacordos, xa que pretendemos o mellor acordo posible en prol de poñer en valor unha parte da nosa cultura como provincia, o mar”.
Neste senso, pedirase que se dea resposta ao compromiso existente, dea contestación e atenda a petición do Concello de Cervo, de forma que a Deputación amplíe o Museo Provincial do Mar, unha vez que o Concello lle ceda os terreos e inmoble incorporados ao patrimonio municipal, así como que a institución provincial asuma a xestión desta ampliación.
Ameijide recorda que o Museo Provincial do Mar de San Cibrao pon de relevo a fonda tradición mariñeira do municipio recollendo a historia de pescadores e pescantinas, navegantes e cazadores de baleas, redeiras e carpinteiros de ribeira, pero tamén a biodiversidade do medio marítimo, polo tanto, “é un importante foco de interese cultural e turístico”.
O actual edificio que o alberga non dispón de espazo suficiente para mostrar todo o valioso legado que se conserva e faise necesaria unha ampliación para poder expoñer os fondos dispoñibles.
“O Concello de Cervo ten amosado o seu compromiso co proxecto de ampliación, como demostran as actuacións administrativas e urbanísticas necesarias que concluíron coa incorporación ao patrimonio municipal dos terreos e o inmoble lindeiro, polo que pedimos que a Deputación tamén dea ese paso adiante”, explicou.
Neste senso, Ameijide incidiu en que “son moitos anos de traballo por parte do Concello e da súa alcaldesa” para poder cumprir coa súa parte do acordo. “Agora toca ver se a Deputación vai cumprir coa cultura da provincia e coa posta en valor da vida mariñá”.
O voceiro provincial popular sinala que “é o momento de que a institución provincial se posicione sobre a ampliación do Museo Provincial do Mar”, xa que “a xestión unificada permitiría evitar a fragmentación da oferta cultural, garantir unha programación coherente e optimizar os recursos humanos e materiais, xerando ademais economías de escala e evitando duplicidades administrativas”.




















O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Os concertos serán os xoves ás 20:30 h e incluirán propostas variadas como The Swinging Flamingos, Terrae & Nastasia Zürcher, César de Centi, Silvia Penide, Bela Clarlo, Disquetera e unha sesión especial de DJ Mr. Fishman o 11 de agosto. O Concello destaca que esta iniciativa busca dinamizar os espazos públicos, ampliar a oferta cultural do verán e converter a alameda nun punto de encontro para veciñanza e visitantes.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
A actividade puxo o broche final ao Programa Integral de Envellecemento Activo Municipal cunha charla sobre a xestión emocional das enfermidades neurodexenerativas, impartida pola psicóloga Carmen Breijo, da Fundación Degén, quen ofreceu un espazo de reflexión, aprendizaxe e orientación. A sesión contou tamén coa presenza do concelleiro Alfredo Fernández, que destacou a importancia de crear espazos de participación, coidado e benestar para as persoas maiores. O Concello agradeceu a colaboración da Asociación de Xubilados Terramar e da Fundación Degén, así como a participación de todas as persoas asistentes.



