Trabada, 26 de xuño de 2026. O Concello de Trabada continúa avanzando na mellora de infraestruturas, espazos públicos e vías de comunicación no municipio, con diferentes actuacións executadas recentemente na parroquia de Vilaformán.
Entre elas, remataron xa as obras de pintado exterior e a instalación de canelóns e baixantes no teleclub de Vilaformán, uns traballos que permiten mellorar a conservación e a imaxe deste espazo de uso veciñal.
Do mesmo xeito, tamén se levou a cabo unha actuación de mellora da seguridade no pozo de incendios situado no lugar da igrexa de Vilaformán, mediante a instalación de novas barandillas, reforzando así a protección e a seguridade neste punto.
Por outra banda, no referente ás vías de comunicación, veñen de executarse por parte da Deputación de Lugo as obras de mellora do firme da vía provincial LU-P-6102, que conecta a estrada nacional N-640 co núcleo de O Outeiro. Esta primeira fase consistiu no aglomerado dos primeiros catro quilómetros e no pintado completo da vía.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “seguimos traballando para mellorar os nosos locais, os nosos espazos públicos e tamén as vías de comunicación, que son fundamentais para garantir unha mellor calidade de vida á veciñanza”.
O rexedor tamén avanzou que “xa se está traballando na medición e no proxecto da seguinte fase desta vía provincial, que conta cun trazado total de 12 quilómetros, ademais doutros proxectos de reforma noutras estradas provinciais que atravesan o noso concello”.
Desde o Concello subliñan que este tipo de actuacións son fundamentais para continuar modernizando as infraestruturas municipais e seguir mellorando os servizos e comunicacións en todas as parroquias.
























Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



