A iniciativa, organizada en colaboración con ARELAS, celebrarase o 1 de xullo no Salón de Plenos da Casa do Concello
Burela, 26 de xuño de 2026. O Concello de Burela dará comezo á programación do Orgullo LGTBIQA+ coa mesa redonda “Identidades, expresión e afectos: un diálogo aberto”, unha actividade organizada en colaboración con ARELAS que terá lugar o vindeiro mércores, 1 de xullo, ás 19:00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello.
A iniciativa nace coa vontade de crear un espazo participativo e aberto á cidadanía no que persoas con diferentes realidades e experiencias vitais dentro do colectivo LGTBIQA+ poidan compartir as súas historias, reflexións e aprendizaxes. O encontro pretende contribuír á visibilización da diversidade afectivo-sexual, familiar e de xénero, favorecendo a reflexión colectiva e axudando a desmontar prexuízos e estereotipos que aínda persisten na sociedade.
A concelleira de Igualdade, Sandra Fernández, destaca que “dende o Concello de Burela queremos que o Orgullo sexa moito máis ca unha data no calendario: queremos que sexa un espazo para escoitar, aprender, acompañar e reivindicar. Esta mesa redonda é unha oportunidade para achegarnos a realidades que moitas veces foron silenciadas e para seguir construíndo unha Burela máis libre, máis respectuosa e máis diversa”.
A concelleira engade que “a igualdade tamén se constrúe dando voz ás persoas, creando referentes positivos para a mocidade e defendendo que todas as persoas teñen dereito a ser quen son e a amar como senten, sen medo e sen discriminación”.
A actividade está dirixida á cidadanía en xeral, con especial interese para persoas mozas, familias, profesionais da educación, da intervención social e da saúde, así como para entidades e colectivos comprometidos coa diversidade e coa defensa dos dereitos LGTBIQA+.
Fernández rematou explicando que, con esta actividade, “o Concello de Burela reafirma o seu compromiso coa construción dunha vila máis inclusiva, diversa e libre de LGTBIfobia, facendo do Orgullo un espazo de participación, sensibilización e defensa dos dereitos humanos”.




















O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.



